A obra que a Deputación de Pontevera licita para unha dobre mellora na estrada das Sinas permitirá ampliar o ancho da beirarrúa no tramo máis próximo ao centro urbano. Alí, segundo explicou esta semana o alcalde, Gonzalo Durán, hai unha varanda que, ademais de atoparse agora en mal estado, está instalada sobre a propia beirarrúa, limitando o espazo de paso.
Como Costas impide gañar terreo cara a praia, vaise instalar outro modelo de varanda, “por fóra”. Ademais, gañaráse todo o espazo posible cara a calzada, co que a senda para peatóns quedará arredor dos dous metros e medio de ancho. Serán en formigón pulido. A obra, presupostada nuns cen mil euros, prevé también outra mellora na outra punta da estrada, na que se construirán cunetas de seguridade, que facilitar o paso de peóns e a mellora da drenaxe.