Onde están “O sombreiro da Fervide”, “Ansoíña da Brañiña” e “Fiunlleiro”?

Onde están “O sombreiro da Fervide”, “Ansoíña da Brañiña” e “Fiunlleiro”?
Imaxe de arquivo da costa de San Vicente, a parroquia donde o BNG indica a perda de topónimos tradicionais | d.a.

A toponimia tradicional esmorece moitas veces ante o desleixo das administracións á hora de mantela con algo tan fundamental para preservala e difundila como é súa sinalización na rúa porque, doutro xeito, so pervivirán na memoria colectiva e isto acaban sendo unha condena a morte porque o seu emprego e recordo queda restrinxido aos veciños máis maiores.


En San Vicente do Grove existen nomes de camiños, accidentes xeográficos ou terras –que acabaron bautizando un lugar da parroquia– que resultan totalmente descoñecidos para moitos e que son moi singulares, incluso “fermosos e case poéticos”, pero sobre todo son unha “riqueza en patrimonio inmaterial que debemos coidar e non deixalo perder”, pero vense “deturpados por falta dunha sinalización perdurable”.


Máis de 20 páxinas cheas

Así o ve o voceiro do BNG, David Torres, e mais os propios veciños que lles animaron a levar unha iniciativa ao pleno para que o Concello sinalice polo menos os máis senlleiros, xa que, botando man do catastro, teñen no seu poder 22 páxinas cheas de centos de nomes.


Por nomer algúns dos máis singulares están os camiños de como “da Lagarteira”, “da Fonte”, “da Veiga”, “das Viñas”, “Cova da Loba”, “de Fiunlleiro”, “da Cornuda”, “O Carreiro de Con da Corva” e “Tras dos Alargos”. Tamén de accidentes costeiros e terrestres como “Alto de Agruídos”, “Ansoíña da Brañiña”, “Curro Con do Pardal”, “O Sombreiro da Fervide”, “O Costado de Miranda” ou “Pedregal de Castiñeira”. Ata posúen as coordenadas, pero Torres sinala que aínda quedan veciños que poden explicar a súa orixe e indicar a súa localización exacta. “Non debemos deixar perder esa sabedoría do pobo”, engadiu. E o certo é que a idea calou no resto de grupos e a moción foi aprobada por unanimidade de todos os partidos e incluso cunha enmenda do PP.


A súa voceira PP, Beatriz Castro, aproveitou para pedir que o Concello se dirixa ao xigante “Google Maps” porque ten detectada unha identificación non axeitada dalgunhas rúas e supón un problema, sobre todo para os visitantes, habendo incluso “puntos negros” no rueiro dixital que “son bastante preocupantes. Isto é algo absolutamente necesario”, defendeu. Os nacionalistas aceptaron coa condición de engadir ao texto que “todos os nomes sexan en galego porque é vergoñento o que fai esta empresa coa toponimia de Galicia”.


Traballo adiantado no Concello

O grupo de goberno do PSOE aínda que votou a favor da moción, que inclúe pedir axudas a outras administracións para acometer esta iniciativa, tamén quixo defender o traballo feito neste eido. O alcalde, Jose Cacabelos, expuxo que o técnico de Normalización Lingüística xa vén facendo unha labor de recoller a toponimia tradicional de diferentes lugares de San Vicente, pero tamén doutras parroquias como San Martiño, así que “aproveitaremos ese traballo, como xa fixemo con algunhas sendas”.


Durante a sesión, os nacionalistas tamén explicaron que botan en falta que nas placas das rúas do centro urbano “aparecese tamén a parte do nome, o barrio ao que pertence”, pois considera que é algo que tamén se pode acabar perdendo.


Dende a formación liderada de opinan que estas medidas son, ademais de necesarias por valor patrimonial, un potencial con posibilidades turísticas.

Onde están “O sombreiro da Fervide”, “Ansoíña da Brañiña” e “Fiunlleiro”?

Te puede interesar