O PP de O Grove denuncia o estado das praias a un mes de comezar a tempada de verán

O PP de O Grove denuncia o estado das praias a un mes de comezar a tempada de verán
Tablas rotas nos accesos ás praias de O Grove

O Partido Popular de O Grove quere trasladar publicamente a súa preocupación polo actual estado de abandono que presentan moitas praias do municipio, así como a falta de mantemento e adecuación dos seus accesos a tan só unhas semanas do inicio oficial da tempada de verán.


Os populares lamentan que unha vila turística como O Grove –recoñecida internacionalmente pola calidade dos seus arenais e o seu entorno natural, segundo destacan– ofreza actualmente unha imaxe tan deteriorada e desatendida, manifestando que isto non só supón unha ofensa para os veciños da zona, senón tamén un perxuicio directo ao principal motor económico da localidade, o turismo.


Dende a formación popular denuncian que as praias contan con accesos cubertos de maleza, pasarelas de madeira rotas ou inexistentes, duchas sen conexión á rede de abastecemento de auga, falta de sinalización ou sinais confusas, e acumulación de residuos, atribuindo os desperfectos á falta de acción por parte do goberno local. Tamén, engaden a falta de planificación para garantir a seguridade e a accesibilidade das persoas maiores ou con mobilidade reducida.


Desta forma, o PP de O Grove esixe ao alcalde, José Cacabelos, e ao seu equipo que actúen de forma inmediata, executando os traballos de limpeza, reparación e sinalización precisos para que os areais de O Grove estén listos e en óptimas condicións antes do 15 de xuño. 


“Non é admisible que, unha vez máis, o goberno local chegue tarde e mal. As praias non poden agardar máis. As veciñas, os veciños e os visitantes merecen desfrutar dun espazo natural seguro, limpo e coidado”, afirman os representantes do grupo municipal do PP.


Asimesmo, os populares solicitan a comparecencia do concejal responsable das praias municipais na próxima sesión plenaria, coa intención de que aporte explicacións ao respecto, presente un plan urxente de actuación e poder acondicionar os areais a tempo para a chegada do verán e os turistas. 

O PP de O Grove denuncia o estado das praias a un mes de comezar a tempada de verán

Te puede interesar