‘Queremos Galego!’ convoca un plenario comarcal en Cambados para impulsar a defensa da lingua

‘Queremos Galego!’ convoca un plenario comarcal en Cambados para impulsar a defensa da lingua
Mobilización no pasado 23 de febreiro | EFE

A plataforma ‘Queremos Galego!’ celebrará o próximo martes, 22 de abril, un plenario comarcal en Cambados para preparar a mobilización social programada para o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, en defensa da lingua. A cita será na Sala Pitusa da Casa da Calzada (antigo Exposalnés).


En concreto, a plataforma convocou para o Día das Letras unha “foliada nacional” na Praza do Obradoiro, unha vez concluido a manifestación que recorrerá o casco histórico compostelano desde a Alameda. O obxectivo e dar continuidade ao proceso iniciado para reactivar acordos en favor da lingua galega en prol da súa protección.


Así mesmo, a plataforma denunciou o incumplimento por parte do goberno galego dos acordos do Plan Xeral de Normalización da Lingua. Con todo, o obxectivo da convocatoria deste plenario en Cambados pasa por dar a coñecer a convocatoria e buscar un proceso social amplio, plural e participativo, que volva a encher as rúas compostelanas en favor da defensa da lingua, como no acontecido no Día de Rosalía, o pasado 23 de febreiro. 

‘Queremos Galego!’ convoca un plenario comarcal en Cambados para impulsar a defensa da lingua

Te puede interesar