Sandra Fernández | “É un erro querer facer de Sanxenxo unha Marbella ou de Portonovo un Dubai. Perdemos a nosa esencia”

Sandra Fernández | “É un erro querer facer de Sanxenxo unha Marbella ou de Portonovo un Dubai. Perdemos a nosa esencia”
Sandra Fernández Agraso, concelleira do BNG | d.a.

Tras unha dilatada traxectoria na agrupación local e tamén como concelleira, a nacionalista Sandra Fernández Agraso (Vilalonga, 1976) concurrirá o vindeiro 26 de maio como candidata do BNG á Alcaldía de Sanxenxo.

Situase en primeira liña política tras un mandato excepcional no que se situou no goberno e tamén na oposición. Que balance fai destes catro anos?
O balance foi moi positivo porque estar no goberno permitiunos demostrar aos veciños que non solo eramos unha referencia na oposición senon que tamén o podiamos facer ben na xestión do noso pobo. Neses dous anos de goberno os tres concelleiros do BNG fomos os que sostivemos o peso do cuatripartito e fixemos un esforzo titánico para equilibrar as contas incluso acadando superávit. Nas concellarías que levabamos Maxi e máis eu se notou un importante salto de calidade. O que pasou xa na segunda etapa do mandato estivo marcada polos intereses persoais dalgúns dos socios de goberno porque quedou demostrado que a Avenida Luis Rocafort non era o problema. Nestes dous últimos anos puidemos ver como se malgastaron os cartos públicos que tanto nos custou aforrar e como volven as megalomanías de Telmo Martín. Preocupanos a situación económica do Concello.

Que propón o BNG para Sanxenxo?
Pensar nas persoas. Para nós a prioridade é gobernar os 365 días do ano para os veciños e veciñas de Sanxenxo e non 90 días para o turista. Cremos que é un erro querer facer de Sanxenxo unha Marbella ou de Portonovo un Dubai. Non debemos perder a nosa esencia sen deixar de mellorar as cousas e levar adiante proxectos.

Cales son as liñas principais do seu programa?
Temos proxectos distintos, pero en todos eles a igualdade é transversal xa non só como feminismo senon tamén como igualdade entre veciños. Para o BNG non hai veciños de primeira e de segunda. Non existen nin os amiguismos nin os caciquismos nin certas historias que vemos neste goberno. Vamos a mellorar o turismo de sol e praia, pero tamén apostaremos pola diversificación atraendo competicións deportivas.É preciso tamén buscar alternativas para cando non hai sol e praia para que os veciños non teñan que sair de Sanxenxo.Inclúen no seu programa algún proxecto estrela?
Si. Desta vez si que nos atrevemos porque nos vemos totalmente capacitados para levalos a cabo e sabemos perfectamente como xestionalos. Hai dous proxectos no que eu estou máis ilusionada, un nos terreos municipais do polígono e outro noutra zona do municipio. os dous teñen que ver coa familia, coa nenez e co aprendizaxe de forma lúdica e educativa. Isto vai permitir que os veciños e veciñas non teñan que sair de Sanxenxo para pasalo ben e van a atraer a máis xente ao municipio.

Cal sería a primeira medida que tomaría se o 26 de maio resulta elexida alcaldesa?
A primeira medida sería mirar ben as contas e saber cant realmente hai e canto queda por pagar. Levamos dous anos nos que se nos nega a información económica. Antes as resolución económicas chegábannos cada dous meses, pero dende que está o señor Telmo Martín deixaron de pasalas. E logo paso a paso ir cambiando e mellorando a calidade de vida dos veciños.

Dixo en máis dunha ocasión que nunca pactaría con Telmo Martín ou con Gonzalo Pita, pero mantén unha boa relación coa candidata de Ciudadanos, estaría disposta a pactar coa formación laranxa ?
Unha cousa é o tema persoal porque temos unha boa relación e iso é evidente, pero estamos nas antípodas políticamente falando. Dudo moito que un partido no que seu lider prefire pactar con corruptos do PP antes con forzas nacionalistas propicie calquera posibilidade de pacto. Creo sinceramente que a alternativa en Sanxenxo a que non queira a Telmo Martín debe ser o BNG. Ciudadanos non quere a Telmo Martín, pero non di se non quere ao Partido Popular.

Sandra Fernández | “É un erro querer facer de Sanxenxo unha Marbella ou de Portonovo un Dubai. Perdemos a nosa esencia”

Te puede interesar