Sanxenxo acollerá en agosto un campamento tecnolóxico no Pazo Emilia Pardo Bazán

Sanxenxo acollerá en agosto un campamento tecnolóxico no Pazo Emilia Pardo Bazán
Cartel do campamento tecnolóxico que vai ter lugar en Sanxenxo

TecnoSanxenxo 2018 é a primeira edición dun campamento tecnolóxico de verán destinado a rapazas e rapaces de entre 8 e 14 anos organizado pola asociación de veciños de Adina en colaboración co Concello de Sanxenxo organiza. A actividade terá lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán durante o mes de agosto.
O seu principal obxectivo é achegar ás rapazas e rapaces entre 8 e 14 anos ás tecnoloxías emerxentes, de xeito que se familiaricen e as engadan o seu catálogo de habilidades.
TecnoSanxenxo será un espazo intensivo de traballo colaborativo e inmersivo, onde nenas e nenos aprenden facendo os seus propios proxectos. Trátase dunha novidade na vila costeira de Sanxenxo.
Na iniciativa tamén colaboran Taniwa, empresa que imparte os contidos do Campamento e SalnésCampus, laboratorio aberto que ten como un dos seus obxectivos principais o fomento entre os mais mozos das disciplinas STEM (acrónimo en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). As tecnoloxías escollidas para a práctica e desenvolvemento dixital no TecnoSanxenxo 2018 son programación, impresión 3D, robótica, con kits Micro, e realidade virtual coa que se crearán propios mundos virtuais con gafas de realidade virtual.
O campamento organízase en quendas dunha semana natural de duración do xeito que sigue: Do 6 ao 10 de por un prezo de 75 euros; do 13 ao 17 (o 15 é festivo) por 60 euros; do 20 ao 24 por 75 euros; do 27 ao 31 por 75 euros.
O horario é de 9:30 a 13:30 horas cun máximo de dez participantes por quenda.
A inscrición farase a través da páxina web: https://sites.google.com/taniwa.es/tecnosanxenxo2018/tecnosanxenxo-2018. l

Sanxenxo acollerá en agosto un campamento tecnolóxico no Pazo Emilia Pardo Bazán

Te puede interesar