Susi Álvarez (Gotas) | “Amamos o rural e non queremos ter que deixalo pola nosa condición sexual”

Chámanse Gotas por unha canción de Macaco que di: “Gota sobre gota somos olas que hacen mares. Gotas diferentes pero gotas todas iguales”. Susi Álvarez é membro da directiva e hoxe fala con nós sobre a importancia de seguir na loita para non dar pasos atrás en algo como a tolerancia ante a diversidade, na que só se debería avanzar cara diante.

 

Gotas defínese como unha asociación pola diversidade social, non só sexual... Cal é o porqué disto? 
Porque como colectivo social temos que apoiar tamén outras causas, non só ó colectivo (LGTBIQ+). Entón tentamos apoiar outros grupos que poidan ter discriminación, como por xénero, idade, orixe étnica ou discapacidade.

 

Cre que vivimos nos últimos anos un retroceso, por exemplo, no senso do aumento de agresións a persoas do colectivo LGTBIQ+?
Por un lado vemos que desde cativos hai máis educación neste aspecto e nenos moi pequenos son moito máis tolerantes que adolescentes. Pero creo que a sociedade xa está contaminada pola violencia e o colectivo é utilizado como un medio para liberarse doutras frustracións. Hai moita xente que quere avanzar, pero outra moita quere parar estes avances. Por iso eu animo a toda esa xente a que veña, escoite, conviva con nós e verá que o único que intentamos é aumentar os valores positivos na sociedade.

 

Gotas naceu no 2018. Cóntenos como decidiron formala.
Naceu por algo moi bonito que é a amizade. Un grupo de veciños e amigos de Ribadumia que vimos que para ter actividades formativas, informativas, charlas... tiñamos que ir ás grandes cidades. Tamén nace de que levamos vendo desde cativos que moitos dos nosos veciños do colectivo tiñan que marchar ás grandes cidades un pouco obrigados para poder vivir con liberdade, sen prexuízos e sen insultos. Nós amamos o rural, non queremos deixar o lugar onde vivimos pola nosa condición sexual.

 

A Ruada é un lugar de convivencia onde ten cabida tanto un neno coma

un avó e que busca que Ribadumia sexa un referente

 

Isto que me acaba de describir é o chamado “sexilio no rural”. Aínda existe?
Si, sigue pasando. Temos amigos que tiveron que marchar buscando ese anonimato, esa invisibilidade para non ser sinalado ou condicionado. Moitas veces esa xente que marcha tampouco ten moito apoio familiar ou de amizades. Aí tamén está un pouco a función de Gotas, de apoialos.

 

Que actividades fan en Gotas?
Durante todo o ano temos o punto Gotas, que está preto do Concello de Ribadumia. É un espazo seguro onde calquera pode solicitar os nosos servizos. Tamén temos a biblioteca diversa, para que a xente teña literatura vencellada co colectivo. Ademais, facemos charlas informativas, no verán a escola de valores e despois o gran mes da diversidade, o mes de xuño, no que se centra a nosa actividade. O mes arrinca sempre coa colga da bandeira no Concello e despois hai andainas, un encontro literario con Samuel Merino, charlas tanto coa Garda Civil como co colexio de Ribadumia, talleres e a festa da perruca, que será o día 28.

 

E a Ruada!
A gran Ruada, un dos puntos de máis visibilidade e un lugar de convivencia que busca que Ribadumia sexa un referente, onde ten cabida tanto un neno coma un avó. Esta será a quinta edición e haberá música, xantar diverso, actividades educativas e lúdicas para todas as idades. Este ano será o 15 e 16 de xuño e contaremos con grandes grupos. Gotas está moi a favor da nosa lingua, das nosas raíces e das nosas tradicións, así que teremos grupos vencellados á música tradicional galega.

 

Pero é algo máis ca unha festa...Por que é tan importante celebrala, así como o día do Orgullo?
Porque aínda faltan pasos por dar e porque parece que no momento que nos calmamos damos pasos cara atrás, e non podemos permitir iso. Queremos visibilizar, porque o que non vemos, parece que non está na sociedade. E gústanos moito utilizar a palabra naturalizar, porque nós non queremos facer unha festa para que nos traten diferente, queremos que exista unha convivencia na que non pase nada porque dúas rapazas ou dous rapaces vaian collidos da man.

4fc82e91 9680 40b3 8ff3 4ee08d5881da
Susi Álvarez, terceira pola dereita, nunha actividade organizada pola Asociación Gotas | Cedida

Como valoran novas normas que se fixeron como a Lei Trans?
Moi positivamente. Sobre a problemática que ten a persoa trans aínda hai que andar moito, sobre todo a nivel legal e médico, porque é terrible. Moitas veces téñen

se que ver a si mes

mas, para poder obter un tratamento, como persoas con problemas mentais.

 

As cifras din que o 50 % das persoas trans tentaron quitar a vida. Que estamos facendo mal como sociedade?
Pois que vimos dunha sociedade na que hai bastante tradición e costa romper todo iso. Moitas veces imos de “pros” e non o somos para nada. Igual que pasa cos micro machismos pasa no colectivo. A unha persoa que está pasando por iso, algo micro pódeselle convertir en macro. Hai que ter en conta que son persoas que lles custa identificarse e hai que apoialas. Eu coñezo xente que está no proceso e é duro. O que menos necesitan é que se lles poña en dúbida.

 


Estando aí a pé de loita, educando ós máis pequenos, reeducándonos todos e convidando á xente a que participe, pertenza ó colectivo ou non, porque entre todos sumamos cousas positivas. 

Susi Álvarez (Gotas) | “Amamos o rural e non queremos ter que deixalo pola nosa condición sexual”

Te puede interesar