Unha decena de colexios únense ante a “preocupante diminución” do emprego do galego polos nenos

Unha decena de colexios únense ante a “preocupante diminución” do emprego do galego polos nenos
Un grupo de alumnos loce estas creacións na solapa | cedida

Una decena de colexios de O Salnés colaboran nunha iniciativa para visiblizar a “preocupante realidade da diminución do uso da lingua galega por parte das xeracións máis novas”. 


Ao longo destes días, arredor da data das Letras Galegas, o alumnado destes centros levará unhas chapas co lema, na parte superior, “Eu hoxe” e, na inferior, “en galego”. Cada estudante deberá decidir que acción ou verbo sitúa no centro, como “falo”, “xogo”, “sinto”, “penso”, “canto”, etc. 


A iniciativa é e está coordinada polos Equipos de Dinamización Lingüística do centros de Educación Infantil e Primaria de O Salnés, logo de advertir a “decadencia que o uso do galego ten no interior das escolas e tamén fóra delas”, con clases duns vinte rapaces nos que, nalgún caso, só arredor de dous son galegofalantes, lamentan. 


Xa a comezos deste curso, estes equipos decidiron xuntarse para avaliar algunha acción para visibilizar e combater esa reducción no emprego do galego entre os máis pequenos.


“Foron xuntanzas nas que se constataba a baixísima porcentaxe de alumnado galegofalante que tiñamos nas nosas aulas e nas que se valoraron diversas iniciativas a levar a cabo nas nosas comunidades educativas”, explican. 

 

Chapas
Detalle dalgúns destes lemas feitos polos escolares | cedida

Finalmente, acordouse a elaboración e emprego destas chapas con motivo do 17 de maio, unha acción que se leva a cabo no CEIP As Covas Meaño, EEI A Pastora, CEIP de Portonovo, CEIP A Escardia,  CEIP de Viñagrande Deiro, CEIP de Conmeniño,  CEIP As Bizocas, CEIP Sestelo Baión, CEIP Magariños e CEIP de Nantes.


“Tódolos días, logo de levantarnos, poñeremos a chapa e seremos conscientes da necesidade de equilibrar a balanza no uso da lingua galega dentro e fóra das escolas”, sinalan os axentes promotores da iniciativa en favor da lingua propia de Galicia. 

Unha decena de colexios únense ante a “preocupante diminución” do emprego do galego polos nenos

Te puede interesar