Unha piscina de mareas e un novo pavillón, proxectos estrela do programa do PSOE de Cambados

Unha piscina de mareas e un novo pavillón, proxectos estrela do programa do PSOE de Cambados
Lago estivo acompañado polo deputado Lage Tuñas e outros candidatos da lista do PSOE de Cambados | Cedida

O PSOE de Cambados presenta o seu programa baixo o lema “O alcalde da xente” e centrado en dar continuidade a accións emprendidas pola Alcaldía que ocupa actualmente e novos proxectos entre os que destaca, por vistoso, unha piscina de mareas en forma de “u” en Ribeira de Fefiñáns. Segundo Samuel Lago, manterá a auga incluso coa seca e “será menos invasiva e non prexudicial para o marisqueo como outras propostas de praia artificial”, apuntou en referencia ao proxecto do BNG.


Tamén promete un novo pavillón deportivo e multiusos no Pombal, para o cal espera lograr a desafectación de terreos que xa tramita Costas de Pontevedra e que ten consulta positiva en Madrid,  asegurou, así como o peche da pista polideportiva de Vilariño, unha vella proposta tamén do PP.


“Ambicioso, pero realista e factible, non de obras faraónicas e carísimas, son todas útiles, necesarias e pensadas para a xente”, engadiu o alcaldable. Entre as novas accións plantexadas tamén están seguir “estendendo” o saneamento ao rural, e neste eido recordou o proxecto de inminente execución da Xunta e que resolverá o problema de falta de separativas no centro; a reforma do Pazo de Torrado e a súa contorna; converter xa a antiga cámara agraria nun local social para a terceira idade e un novo parking público nunha finca do entorno de Rúa Nova. 


Asimesmo proxecta humanizar a Avenida da Pastora; xestionar plazas para embarcacións de recreo no porto; trasladar ao polígono os servizos da nave de Santa Mariña e converter esta nunha nova instalación deportiva; ampliar o carril bici cara a Aldea de Tragove e unha nova traída de auga dende a ETAP comarcal que solvente os problema do polígono no verán. 


O actual rexedor insistiu en que, “fronte a outros”, a campaña socialista está centrada en “propostas e feitos”. Así, tamén referiu a xestión deste mandato en bipartito, que foi “díficil pola pandemia, a inflación e sen liberacións, pero traballamos arreo e sacamos adiante moitas iniciativas”. Compareceu co deputado José Manuel Lage Tuñas e os candidatos Mila Martínez, José Ramón Costa e Mari Carmen Resúa. 

Unha piscina de mareas e un novo pavillón, proxectos estrela do programa do PSOE de Cambados

Te puede interesar