A Xunta adxudica por 240.000 euros o cambio das cubertas do colexio Julia Becerra Malvar

A Xunta adxudica por 240.000 euros o cambio das cubertas do colexio Julia Becerra Malvar
O conselleiro de Educación fixo o anuncio da contratación nunha visita ao centro | Gonzalo Salgado

A Consellería de Educación acaba de adxudicar, por arredor de 240.000 euros, as obras de cambio das cubertas do colexio Julia Becerra Malvar de Ribadumia. O anunció fíxoo hoxe, durante unha visita ao centro, o titular do departamento autonómico, Román Rodríguez. A previsión é comezar as obras en xullo, para que estean rematadas no terceiro trimestre do ano, ao teren un prazo de execución máximo de tres meses. 


O conselleiro, acompañado polo alcalde, David Castro, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín  Reguera, valorou que o obxectivo destas actuacións é  “mellorar a eficiencia enerxética do colexio e, con isto, o confort térmico diario da comunidade educativa”.


Os traballos consistirán na substitución do material de cubrición das cubertas de tres bloques do centro, que na actualidade son de tella cerámica, por panel sándwich de cor vermella, a mesma empregada na reforma do resto do edificio hai uns anos, á que se adicou máis de 840.000 euros. Así, complétase un investimento recente da Xunta no centro por riba do millón de euros. 


Co fin de facilitar os futuros mantementos nas cubertas, executaranse tres claraboias de oco de sesenta por sesenta centímetros, unha por cada bloque reformado, ademais dun acceso ao forxado baixo cuberta. Tamén se colocará un canalón en aceiro inoxidable de grandes dimensións entre dous dos bloques.  As obras enmárcanse no chamado plan de nova arquitectura pedagóxica, da Xunta de Galicia. 

A Xunta adxudica por 240.000 euros o cambio das cubertas do colexio Julia Becerra Malvar

Te puede interesar