Bágoas de cinsa

empo atrás, e aínda hoxe en día, os fenómenos da regularidade física que se derivan do patrón de comportamento da rotación astral de planetas, satélites e outros obxectos ou entidades que configuran o universo visíbel dende a observación humana, constituíron un forte elemento de configuración da opinión pública a respecto da creación dun código interesado, polo poder civil ou eclesiástico, co que se transmitía medo, temor e, nese ambiente, un xeito de control social.

Agora, coa claridade do coñecemento científico as cousas óllanse doutro xeito, aínda que estamos diante da metafórica existencia dunha profética mensaxe cósmica. Podería ser, en boa lóxica, o agoiro que ano tras ano traen na súa mensaxe cifrada o algoritmo da “choiva de estrelas”, un dos acontecementos máis característicos do verán. Un fenómeno astronómico que ten lugar durante os meses máis calorosos para o hemisferio norte do planeta; regueiro de meteoros que por estes pagos, afeitos a simplificar os nomes en alcumes, chamamos as Bágoas de San Lourenzo. Si, con simbolismo acaído ao momento da emerxencia climática, visto nas consecuencias padecidas nos recentes días pasados. Velaí, da ciencia astronómica pasouse á iconografía católica asociando o fenómeno astral ao santo cristiá conmemorado o 10 de agosto que, curiosamente, sábese que morreu queimado nunha fogueira e, daquela, as bágoas son de pranto pola tortura e falecemento.

Bágoas de cinsa, que lembran o aniversario dun horror que agocha un crime de lesa humanidade na memoria das vítimas do calculado acto de bombardear, fai agora setenta e sete anos, a cidade xaponesa de Hiroshima, primeiro, e días máis tarde aínda Nagasaki, cun artefacto nuclear lanzado intencionadamente en contra da poboación civil malia a certeza previa da morte e destrución que ía ocasionar nese momento ou nos días posteriores; a das persoas que padeceron malformación ou graves lesións a causa dos efectos radioactivos e a dos maltratados socialmente polo estigma de ser dos “bombardeados”, un feito criminoso que aínda exixe e clama revisar a crónica do sucedido.

Así e todo, as bagoas de cinsa que nos traen na mensaxe os meteoros, esa “choiva de estrelas”, apuntan ao monte queimado, a borralla que deixou o lume incendiario froito de políticas forestais orientadas ao lucro mercantil no canto do coidado medioambiental e do aproveitamento sustentable en favor do medio rural e das súas xentes. Un pouso que fica na terra ameazante de futuras inundación dunha chuvia de auga torrencial que agora acende a luz vermella de alerta na súa falta de caudal como auga potábel que ten en vilo e moita cidadanía afectada por cortes de subministro. Todo iso, nun verán con sucesivas ondas de calor que anticipan con moito as peores previsión para decenios posteriores aos do calendario oficial. En definitiva, o peor efecto da emerxencia climática.

Bágoas de cinsa dunha humanidade que está a tentar ao demo no que atinxe a súa supervivencia.

T

Bágoas de cinsa

Te puede interesar