Galeusca das letras

Para buscar esta pieza en el paNo panorama literario e cultural, érguese unha realidade paradoxal coa formal coexistencia de linguas cooficiais que, na práctica, están moi limitadas polo predominio dunha lingua dominante. Unha situación palpable na experiencia das e dos escritores que se expresan en galego, éuscaro e catalán, idiomas que, alén status oficial, están en desigualdade de oportunidades e recoñecemento.


Na norma legal, estas linguas de territorios sen estado propio gozan de cooficialidade, o que debería implicar o seu uso e promoción en tódolos ámbitos, da educación ata a administración pública. Con todo, na realidade cotiá, a falta de políticas e xestión eficaz na normalización lingüística, o castelán é a lingua hexemónica, invadindo espazos e relegando ás linguas maternas a un segundo plano.


As consecuencias desta situación son múltiples. A comezar por unha desvantaxe evidente para os e as escritoras que optan por crear nas linguas minorizadas coa limitación na publicación, difusión e posibilidade de dedicación a tempo completo diante das efémeras edicións. Ao mesmo tempo, prodúcese un empobrecemento cultural xeneral. A diversidade lingüística é un tesouro que enriquece o patrimonio cultural dunha comunidade territorial. Silenciar as voces que se expresan nas linguas nativas e propias dun territorio, significa privar á sociedade dunha riqueza única e insubstituíble. Finalmente, aténtase contra os dereitos lingüísticos das e dos falantes destas linguas. A cooficialidade non é só un recoñecemento formal, senón que debe supor a creación de condicións que permitan o uso e desenvolvemento pleno dunha lingua en todos os ámbitos da vida. Relegar as linguas históricas dunha comunidade a un segundo plano é unha clara violación destes dereitos.


Por iso, co obxectivo de fomentar as respectivas linguas, axudar á investigación e formación dos membros a través da organización de congresos, seminarios e outras actividades, realizar estudos e traballos de divulgación sobre temas diversos e coordinar accións para lograr maior eficacia na defensa dos dereitos profesionais das e dos escritores, representando a máis de 2800 deles,  a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega a Euskal Idazleen Elkartea e a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana, formalizaron en 2008 a Federación Galeusca, contando coa experiencia e previa relación dos encontros anuais históricos que viñan celebrando desde 1984.


Tras un parón de dez anos, veñen de xuntarse novamente co foco orientado á tradución como vía de internacionalización literaria; e dicir, para avaliar de como a conversa entre literaturas escritas en diferentes linguas pode contribuír á superación das fronteiras administrativas e culturais, á vez que fomentar a promoción e a difusión das literaturas galega, vasca e catalá nun contexto global. Boa ocasión para unir forzas diante da visión monolingüe que existe no estado e nos seus poderes.  

Galeusca das letras

Te puede interesar