Os incendios matan a vida do noso ecosistema

Levamos máis de 40 anos sen ser capaces de mellorar o sistema contra os incendios. Repetimos  e sufrirmos os mesmos erros sen resultados, de tanta catástrofe.


En Galicia sempre haberá incendios se non cambiamos o modelo.  Galicia é a alternativa verde para o desenrolo económico rural, turístico, de descanso e mantemento do medio ambiente. Temos un clima sen grandes cambios de temperatura,  podemos desfrutar de moitas e variadas praias; pero non debemos empeñarnos en competir co soleado sur do que  cada vez escapan máis  cara  Galicia.


Galicia ten un clima benigno que moitos turistas visitan en busca de fresco e beleza paisaxística, gastronómica, patrimonio histórico e recónditas paixases, con moito verde que chama a atención dos visitantes. Temos  centos de ríos, que según os últimos estudos teñen un efecto psicolóxico favorable nas persoas. Por iso deberamos coidar, promocionar e vender o mundo as nosas belezas  naturais, patrimoniais e culturais para descanso. Temos mámoas, petroglifos, hórreos, cruceiros, muíños, calzadas romanas, pontes, pazos, catedrais e grandes igrexas, rutas de sendeirismo e deportes náuticos, marabillosas rías con rutas turísticas e unha abundante gastronomía que nos honra.


Non estamos facendo ben no que se refire aos incendios do verán, como os verquidos que contaminan o mar, ríos e paisaxes. E, sen embargo, estase malgastando unha millonada de fondos públicos para apagar os lumes en vez de previlos. Sen avances,  sen  mellorar a conta de resultados no medio ambiente. Así se seguirá mentras non se faga un plan forestal serio para evitar os incendios intencionados,  ou non, e nos libere de esta carga tan negativa para todos os sectores sociais e o interese xeral.


Hai remedio, eliminando a maleza na que prende o lume, plantando árbores autóctonos en fila para que poidan pasar as máquinas por medio limpiando unha, ou dúas veces. Logo xa non crece a maleza debaixo das árbores. Mentras non se faga iso, estaremos co mesmo pesadelo de incendios.


Todos os gobernos galegos fixeron leis imposibles de cumprir, obrigando a limpar  as fincas privadas, cando hai propietarios que só teñen unha pensión de 400 euros, en contraste coa a administración, que non é capaz de limpar os montes  públicos. Hai outra Lei da Xunta que prohíbe deixar tiradas as ramas, residuos agrícolas, coníferas, restos  de xardíns, pero nada se cumpre.


Todo iso podíase cumprir se fixera un bo plan forestal e se subvencionaran plantas de biomasa para recoller todos os residuos vexetais e malezas, tal como estipulan as leis. Non se cumpren porque os gobernos fan leis para demostrar que só lles interesa a propaganda de  partido. Mellor sería que se resolveran os problemas e logo dalos a conocer.


Non sabemos en que quedou o proxecto Galicia e Portugal financiado con Fondo Europeo de Desenrolo Rexional, 
(FEDER) de loita contra os incendios.


Esperemos que non quede en nada, como tantos otros proxectos financiados pola UE, evitando despilfarro en facer infraestruturas como depuradoras e residuos urbanos, quedando abandonadas por falta de mantemento, vertendo ao mar e aos ríos.                                                                         Non podemos seguir contaminando o mar, ríos, fontes  e aire,  que comemos e respiramos contaminación. Isto non é calidade de vida.

Os incendios matan a vida do noso ecosistema

Te puede interesar