Orzamento Falso, orzamento inútil

Vilagarcía aprobou a semana pasada o orzamento para o 2022 e o goberno xa está outra vez contento e sen motivo. Os orzamentos levan tres pecados capitais que supoñen que o debate máis importante de cada ano en calquera institución converteuse nunha farsa presentada como unha pantomima.

O primeiro dos pecados é que estamos diante dun documento falso. Falso porque oculta 14 millóns de euros da vista principal e que o goberno vai utilizar sen debate ningún nas súas comenencias. Alberto Varela vai ter á súa disposición a maior cantidade de cartos que tivo nunca ningún alcalde antes: 31.400.000€. Pero non queda aí. Se atendemos aos números do orzamento do ano pasado, a cantidade vai ser considersablemente maior. Nada menos que se pasa de dispoñer de 31.300.000€ en 2021 a dispoñer ao final das contas de 45.300.000€, tamén en 2021. Como foi posible isto? Porque un terzo do total das contas públicas do Concello de Vilagarcía foron ocultados á cidadanía. Todo apunta a que neste ano o alcalde vai repetir a xogada. A única explicación posible a esta maneira de proceder é que o goberno quere ocultar as súas inversións á veciñanza para evitar o debate. Para que a xente non teña opinión sobre a cidade na que vive e para o goberno poida meter máis cemento e máis aceirto corten e piscinas a carón do mar.

O segundo dos problemas capitais é que os orzamentos son unha imposición, un documento sen acordo nin negociación. A maioría absolutista foi posta en marcha unha vez máis para non ter que atender a razóns e desprezar, unha vez máis, o feito de que a oposición tamén representa unha parte da cidadanía. O goberno oculta, igual que fai co orzamento, que a oposición representa a máis votantes que o propio goberno e tamén quere ignorar que todos os gobernos con maioría absoluta acaban perdéndoa, mesmo Javier Gago. Sería máis convinte que o goberno aproveitase os orzamentos para practicar algunhas habilidades negociadoras cara ao futuro non sexa que lle fagan falta no futuro e non teñan destreza para facelo.

Por último, é un orzamento que chega fóra de prazo. E chegar a destempo non di nada bo da capacidade de xestión do goberno que, para cumprir prazos, non utiliza para nada a cantidade de concelleiros que supón ter maioría absoluta. Porque a pregunta é moi clara: un goberno que di que non ten nada que negociar coa oposición e que di que pode facer o que quere tarde cinco meses en aprobar un orzamento? A resposta é obvia: é un goberno ao que non lle gusta trallabar, que se concede todos os prazos posibles e que non ten capacidade da xestión. Un goberno de que xa comezan a dicir as lendas que algún veciño viu algún día traballar ao alcalde algunha tarde. Pero é un mito.


Orzamento Falso, orzamento inútil

Te puede interesar