Sectarismo inversor

Un albergue novo para peregrinos en Vilagarcía, conectado co camiño de Santiago e que permitirá colocar á comarca nun novo mapa de circulación de turistas.
Un asilo en Cambados que poida estar en condicións de dar un servizo real e de calidade como é necesario.


Unha estación intermodal de transporte, que conecte en autobús a comarca completa dende a estación de trens de Vilagarcía.


Un novo centro de saúde para O Grove, localidad referente no eido turístico, que permita ter unha asistencia sanitaria de calidade fronte aos problemas que da o actual.
Todas estes, e poderíamos citar moitos máis, son investimentos necesarios (imprescindibles) para unha comarca puxante e na que os cidadáns están perxudicados polo único “erro” de no ser hooligans do goberno autonómico.

Fronte a isto, si que apareceron cartos a moreas para investir nun novo proxecto de recollida de residuos que non se sabe cando estará e o que fará...en Vilanova. Recursos para a contratación de médicos para o centro de Sanxenxo...pero non para o de O Grove.


Resulta algo sorprendente, un pouco incoherencia e moi mezquino utilizar os fondos públicos baixo criterio de amiguismo e favoritismo, aínda que eso supoña perxudicar aos cidadáns. Tristemente isto é o que nos ten acostumado a facer a Xunta de Galicia cos concellos. Son os mesmos concellos que, cando se convocan subvencións baixo o criterio de “o que antes a pida”, terminan por conceder o 95% delas a concellos gobernados polo PP que, cando sae a convocatoria ás 12 da noite, xa as teñen solicitadas con toda a documentación apenas 4 ou 5 minutos despois. Todo velocidade.


Decía o gran Perich que “fanático é o que ten razón...aínda que non teña razón”. Un grande, Perich. Que se apliquen na Xunta.

Sectarismo inversor

Te puede interesar