Traballar no Concello de Ribadumia? Pénsao ben

ste pasado venres aprobamos en pleno un convenio para que alumnos universitarios realicen prácticas no Concello. Pensei que era un bo momento para comentar a situación laboral do noso concello e que os posibles alumnos/as que pensaran vir, tiveran idea da situación e de como lles pode ir no noso concello, que igual non é como pensan. A David Castro, adalid do monólogo - non confundir con diálogo -,non lle gustou que lle sacaran os trapos suxos e abusando do cargo cortoume a intervención. Así que expóñoa hoxe aquí, porque o fondo é importante.



“Este convenio en principio pode ser positivo para as persoas que se beneficien del, pero claro, estamos en Ribadumia cun goberno en maioría dos Independientes, que gobernan como gobernan e esta é a situación: a Traballadora Social, o Educador Familiar, o bibliotecario é o conserxe do CPI, de baixa psicolóxica. E hai que sumar o xefe de obras, xa retirado, pero que antes causou baixa tamén por algo similar. Hai unha traballadora xa retirada á que este goberno quere sacarlle pola vía xudicial parte da súa ben merecida pensión.


Por outro lado, este concello ten traballando persoas con expedientes académicos intachables e unha gran valía profesional deseñando carteis nun ordenador e facéndolle recados ao goberno que nada teñen que ver coa súa formación académica no canto de estar aportando os coñecementos que por esa titulación poderían aportar.


Así que tendo en conta, ademais do dito, as faltas de respecto recorrentes, as presións, os abusos nos horarios e as sumas de horas sen control - e habería que ver se coas correspondentes indemnizacións - , as ameazas veladas e directas, as formas tirando a vexatorias e un longo etcétera de ataques, malos tratos e de mala xestión do persoal, o único que eu podo facer dende aquí e desexarlle a todas esas persoas que veñan a este concello a mellor das sortes, porque lles vai facer falta.


E se voto a favor é pensando que dentro de pouco máis de un ano hai eleccións e teño a esperanza de que os políticos e políticas que collan o mando, sexan cales sexan, se comporten como persoas adultas. Senón fora por iso, podo asegurar que polo ben deses estudantes eu votaría en contra.”


Esta era a intervención prevista que David Castro impediu. Engado dúas preguntas: Os sindicatos que deben protexer aos traballadores e traballadoras onde están? Queremos os e as ribadumienses un goberno que trate así a traballadores e veciños?




Traballar no Concello de Ribadumia? Pénsao ben

Te puede interesar