Concurso Microrrelato Emilia Pardo Bazán

|

Emilia Pardo Bazán marca un antes e un despois na historia.


Condesa, novelista, xornalista, ensaísta, crítica literaria, poetisa, dramaturga, tradutora, editora, catedrática e conferenciante española introdutora do naturalismo en España, unha muller todoterreo e gran exemplo de feminismo para a sociedade que se atreveu a romper cos estereotipos dunha época na que se consideraba á muller como un ser carente de decisión e individualidade.


Conservadora á vez que adiantada á súa época, os seus textos, máis de cen anos despois, seguen sorprendendo os lectores pola modernidade das súas palabras.


Desde Diario de Arousa gustaríanos facer partícipes a todos os mozos e mozas que cursan 4º da E.S.O. no centenario dunha muller clave na sociedade feminista, poñendo en marcha o “Concurso Microrrelato Emilia Pardo Bazán”, deseñado baixo a temática “Que aprendiches sobre Emilia Pardo Bazán?”.


PARTICIPACIÓN

Para participar, o teu fillo ou filla só ten que rexistrarse na nosa web ou utilizar a conta dalgún dos seus proxenitores, deixando o seu microrrelato de non máis de 100 palabras nesta mesma noticia.


O relato gañador e dous finalistas serán incluídos na versión dixital e impresa do 19 de febreiro de 2022.


Os premios serán os seguintes:


Gañador: Tablet Lenovo Tab P11, valorada en 279€

Primeiro finalista: eReader Kindle 6”, valorado en 89,99€

Segundo finalista: Redmi Watch Lite, valorado en 69,99€


De entre todos os relatos recibidos entre o 20 de decembro e o 31 de xaneiro, o gañador elixirase mediante un xurado composto por membros de Editorial A Capital e anunciarase o 15 de febreiro a través de redes sociais e na edición en liña.


Valorarase a creatividade e orixinalidade dos textos recibidos. Participacións abertas ata o 31 de xaneiro de 2022!


Consulta as bases aquíe participa nos comentarios desta noticia.

Concurso Microrrelato Emilia Pardo Bazán