A ‘XI Festa da Lingua” de Caldas contará coa presenza das Tanxugueiras, según confirmaron onte o teniente de alcalde, Manuel Fariña, e o mestre de música do CEIP San Clemente e integrante de Treixadura, César Longa, durante a presentación oficial dos actos que se desenvolverán na xornada de mañá.
Longa explicou que xuntarán ao redor dun milleiro de escolares de entre seis e 18 anos nunha xornada na que haberá música, lectura de poesías e incluso monólogos.
Fariña e Longa enfatizaron que nesta edición “as Tanxugueiras aceptaron ser madriñas da celebración e rematarán o espectáculo cantando e falando coa rapazada” coa finalidade de poñer en valor o idioma.