O Concello de Valga, a través do departamento de Servizos Sociais, ten aberto o prazo para solicitar axudas de emerxencia social dirixidas a persoas en situación de exclusión social ou en risco de estalo e que carezan de ingresos suficientes para facer fronte aos gastos para os que se solicita a axuda. Teñen preferencia as persoas con menores ao seu cargo.
Os tipos de axudas que poden solicitarse son de alimentación, uso de vivenda, pago de recibos, produtos de hixiene, farmacia, electrodomésticos básicos, desprazamentos a centros sanitarios, lentes e audífonos e roupa e calzado entre outras.
As axudas son convocadas pola Deputación en colaboración co Concello e poden solicitarse no departamento municipal de Servizos Sociais.