Xogos populares para romper cos roles de xénero en Valga

Xogos populares para romper cos roles de xénero en Valga
Un grupo de rapaces participaron na actividade que tivo lugar na chaira do Auditorio aproveitando as vacación escolares | Cedida

A chaira do Auditorio de Valga foi escenario dunha xincana infantil de xogos populares e tradicionais organizada polo Concello como parte da programación polo Día Internacional da Muller. O acto tivo lugar nesta mañá solleira e contou coa participación dun grupo de nenos e nenas, aproveitando as vacacións escolares por Semana Santa.


O obxectivo principal da actividade lúdica foi a de desenvolverse en plena igualdade entre os rapaces, polo que se realizou con perspectiva de xénero. Así, os nenos compartiron os mesmos xogos, superando así os estereotipos que, nalgúns casos, aínda persisten e que sinalan determinadas actividades lúdicas como propias dos nenos mentres que outras se asocian ás nenas. 


Así mesmo, tamén se fomentou o pensamento consciente polo respecto á diversidade e a empatía, así como polo compañerismo, xa que os participantes formaron equipos mixtos para competir. Un valor indispensable no crecemento profesional e persoal á hora de desenvolver as habilidades sociais dos pequenos. 


Durante a xincana, os participantes saltaron á corda, xogaron á mariola, ás chapas, ás canicas ou ás catro esquinas de forma conxunta sen facer distincións polo sexo para intentar derrubar esta construción social. Os roles de xénero na sociedade definen como se espera que as persoas actúen, falen, vistan e se comporten segundo o sexo asignado ao nacer. Esta crenza implantada no subconsciente limita tamén a estes grupos de idade e ao seu correcto desenvolvemento.


Unha vez rematada a sesión de xogos, os rapaces e os seus monitores participaron nunha sesión de reflexión sobre a igualdade e os roles de xénero, e como estes afectan á poboación infantil.


Unha actividade no marco da programación do 8-M para reivindicar o papel da muller e en prol da igualdade.

Xogos populares para romper cos roles de xénero en Valga

Te puede interesar