Carril e Vilaxoán honrarán á Virxe do Carme con cadansúa procesión marítima

A localidade carrilexa ten a celebración mañá e a vilaxoanesa será durante toda a fin de semana
Carril e Vilaxoán honrarán á Virxe do Carme con cadansúa procesión marítima
Imaxe de archivo da festa do Carme de Vilaxoán | M.F.

Carril e Vilaxoán, os dous pobos mariñeiros por excelencia de Vilagarcía, honrarán á Virxe do Carme con cadansúa procesión marítima. A localidade carrilexa celebra os principais festexos en torno á patroa dos mariñeiros mañá, día propio. Arrancarán ás dez e media da mañá cun pasarrúas a cargo do grupo Airiños do Carril e a partir das 11 será a quenda da Charanga Mil09, que fará un concerto á unha e media.

 
A misa solemne está programada para as seis e media da tarde cantada pola coral Máximo Patiño e, de seguido, será a gran procesión marítima acompañada pola Banda de Música de Vilagarcía. Ás 22:30 horas e como fin de festa será o concerto de Somoza Trío na Praza da Liberdade.


En Vilaxoán os actos arrancan o sábado xa de mañá coa charanga Alambique. Ás doce e media haberá unha gran sardiñada popular no parque de Dona Concha e ás oito será o pregón a cargo das vilaxoanesas Mariloli e Sefa a Mora. O traslado da imaxe do Carme dende a Cofradía ata a lonxa será ás nove e a festa pola noite será cousa dos Festicultores e de DJ JJ Compota.


As celebracións continúan o domingo coa alborada e pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Ribadumia , Os Terribles de Arousa e a charanga Alambique. A misa solemne cantada pola coral Máximo Patiño será  ás doce e á sete e media será  a saída da procesión polas rúas e polo mar. A verbena estará amenizada por Miramar e La Bamba.


O último día é o luns 21 coa alborada a cargo da Banda de Música Municipal de Vilanova de Arousa e o grupo Os Terribles de Arousa. A misa comunitaria en honra dos mariñeiros falecidos será na lonxa ás 11:30. A continuación trasladarase a imaxe da Virxe á Cofradía. Ás oito e media a Praza Rafael Pazos acollerá unha nova edición de Vilaxoán Canta, dirixido por Álvaro Cardalda.


Para pechar as festas haberá unha gran verbena con Magos e La Duendeneta. 

Carril e Vilaxoán honrarán á Virxe do Carme con cadansúa procesión marítima

Te puede interesar