Axentes da Policía Local de Vilagarcía interceptaron a un menor de idade como presunto autor do roubo dun bolso polo método do tirón a unha muller que estaba sentada nun banco da rúa Castelao, en pleno centro de Vilagarcía. O suceso tivo lugar preto das catro da tarde cando a muller estaba neste céntrico vial. De repente apareceu o mozo –menor de idade, tal e como confirman axentes municipais– subido nun patinete e colleulle o bolso escapando con el. Tras alertar aos axentes policiais estes deron co presunto ladrón, ao que se lle abriron dilixencias por un delito de roubo con forza.