A despedida de Desakato, plato forte da primeira xornada do Revenidas 2023

A despedida de Desakato, plato forte da primeira xornada do Revenidas 2023
Revenidas arranca este xoves con catro días de música en directo

O festival Revenidas comeza mañá xoves con catro días intensos de música, cultura e identidade nunha edición na que participarán máis de 30 grupos. O recinto do festival abrirase ás seis da tarde e empezará a soar a música da Duendeneta. ás 18:30 horas será Hydn o que suba ao escenario Mahou. A coruñesa é unha das artistas emerxentes galegas con máis proxección. Ás 19:30 horas será a quenda de Panteón Rococó, unha das bandas máis influíntes do ska latino, mentres que ás 20:30 o protagonismo será da rapeira arxentina Sara Hebe. Será ás 10 da noite cando a banda Desakato ofrecerá o seu último concerto en Galicia. A banda asturiana do punk rock anunciou que se despedirá definitivamente dos escenarios o 11 de novembro. Os seguintes en soar serán Tremenda Jauría ás 23:30, Ana Tijoux ás doce e media e Arrythmia ás dúas e dez. Os encargados de pechar esta primeira xornada son The Skarnivals. Ás cinco da tarde tamén arranca o roteiro guiado por Vilaxoán a cargo do actor Xurxo Souto. O itinerario partirá do centro sociocultural e percorrerá os principais lugares de interese histórico, artístico e etnográfico da vila mariñeira. Despois da xornada de hoxe aínda queda moito Revenidas, dado que ata o domingo haberá concertos todas as xornadas e actividades. 

A despedida de Desakato, plato forte da primeira xornada do Revenidas 2023

Te puede interesar