Esperta Vilaxoán baralla volver a mobilizarse pola falta de seguridade vial en San Cibrán

Esperta Vilaxoán baralla volver a mobilizarse pola falta de seguridade vial en San Cibrán
Os veciños esperan a inauguración “oficial” de Vázquez Leis | g. salgado

O colectivo Esperta Vilaxoán baralla volver ás mobilizacións para denunciar, entre outras cousas, a falta de seguridade vial na zona de San Cibrán e a problemática coa rede de pluviais e saneamento en zonas como Miramar ou O Freixo e sobre as que levan meses pedindo unha solución. A Plataforma ten un listado do que definen como “despropósitos” e critican que se invistan 30.000 euros en mobiliario para as praias da localidade (entre elas a do Preguntoiro) , pero que non existan investimentos reais para que o mantemento desta praia artificial sexa digno. Cabe recordar que a praia vilaxoanesa sofre problemas de perda de area, así como presenta as tubaxes de pluviais ao aire, co conseguinte impacto ambiental que iso implica. E hai máis, os veciños apuntan á paralización das obras do paseo marítimo por “unha eiva no orzamento” alegando que se esqueceu incluír o soterramento de liñas eléctricas e telefónicas, co transtorno que iso supón para os vilaxoaneses á hora de desprazarse ao centro e viceversa.

O colectivo pregúntase tamén sobre o remate e “apertura oficial “ de Vázquez Leis. “Non temos novas”, explican. É máis, advirten da aparición de limo na pedra e no formigón e o que iso supón para a seguridade dos veciños que andan polo lugar. Onte operarios municipais procederon á limpeza deste elemento natural, pero perigoso sobre todo para as persoas máis maiores.

    Critican abertamente que a Xestora da Asociación de Veciños funcione como Directiva sen ter convocado unhas eleccións “como terían que ter feito hai xa uns meses”.

Esperta Vilaxoán baralla volver a mobilizarse pola falta de seguridade vial en San Cibrán

Te puede interesar