Estudantes do Castro Alobre de Vilagarcía reparten 6.000 imáns en locais para implicarse co uso do galego

Estudantes do Castro Alobre de Vilagarcía reparten 6.000 imáns en locais para implicarse co uso do galego
Os alumnos do IES Castro Alobre diante do Concello

Escolares do I.E.S. Catro Alobre repartiron hoxe os imáns da campaña “Implicados co galego” entre medio centenar de locais de hostalaría e comercio de Vilagarcía. A iniciativa, que naceu hai dez anos, contou coa colaboración do departamento de Normalización Lingüística do Concello, dirixido por Sonia Outón, que sufragou a impresión de 6.000 unidades. Os deseños, feitos polos propios alumnos, plasman diferentes escenarios da cidade, como a praia da Concha-Compostela ou o convento de Vista Alegre.
Para elixir os debuxos fíxose un concurso entre o alumnado de todas as idades, resultando gañadoras seis alumnas: Yanira Abal (2ºBAC), Xiana Serantes (2ºB), Tamara Piñeiro (4ºD), María Blanco e Sara Agra (4ºA) e Carlota Magán (2ºBAC), quen explicou a iniciativa ante a prensa nunha recepción esta mañá na casa consistorial. 

 

“No meu caso quixen retrarar a zona de praia. Primeiro fixen o deseño, logo pinteino e por último dinlle un toque de dixitalización par que quedase máis chamativo”, comentou. 
Pola súa parte, Sonia Outón quixo agradecer “a implicación do instituto” así como a resposta por parte de hostalería e comercio “que sempre se amosan moi receptivos” coa actividade. A concelleira de Normalización Lingüística espera que “Implicados co galego” continúe “a lo menos outros dez anos” xa que considera que “axuda a que os mozos vexan a relevancia que teñen á hora de defender o idioma” e, ademais, “introduce un elemento artístico que nos amosa o talento que hai en Vilagarcía”, dixo Outón.

Estudantes do Castro Alobre de Vilagarcía reparten 6.000 imáns en locais para implicarse co uso do galego

Te puede interesar