"Letras no Alobre", un canto ás artes e a literatura desde as aulas

"Letras no Alobre", un canto ás artes e a literatura desde as aulas
Unha das actividades do Letras no Alobre

O instituto situado en San Roque volveu a converterse nunha auténtica festa literaria coa nova edición de “Letras no Alobre”. Unha intensa programación implicou a toda a comunidade educativa, desde os máis cativos do centro ata os que están a punto de comezar os seus estudos universitarios.
 

Con esta xornada, o IES Castro Alobre quere conmemorar tanto o Día do Libro como o das Letras Galegas. É un festival que se celebra desde hai máis de doce anos no que se rende homenaxe, conxuntamente, a un escritor ou escritora de cada lingua. 

 

Nesta edición, o escollido para a literatura inglesa é Roald Dahl; Antonine de Saint - Exupéry para a francesa; Blanco Amor en lingua galega; García Lorca en castelán e Mercedes Peón para a música. As actividades para 1º da ESO incúen un obradoiro de clown a cargo de Anabel Gag e un escape room coordinado polo departamento de Bioloxía. O xogo CartEanDo, con probas relacionadas cos carteis dos persoeiros que dan nome ás aulas e espazos do centro e un obradoiro de teatro, con Clámidde, foron as actividades para 2º. Os de 3º fixeron percusión e unha xincana literaria. Un trivial e un obradoiro de “animal flow” foron a oferta para o alumnado de 4º. Os maiores, realizaron actividades  de teatro musical e educación emocional. Ademais, todos os  niveis participaron na elaboración dun mural artístico, nun recital no salón de actos e nunha feira con produtos artesanais, libros ou postos de comida. Tres asociacións colaboraron co evento: Con Eles, Lar y el centro ocupacional de Saiar

"Letras no Alobre", un canto ás artes e a literatura desde as aulas

Te puede interesar