Letras no Alobre rinde homenaxe á literatura universal cun intenso programa de actos

Letras no Alobre rinde homenaxe á literatura universal cun intenso programa de actos
Unha actividade anterior no instituto Castro Alobre | gonzalo salgado

O instituto Castro Alobre celebra hoxe o Día do Libro e o Día das Letras Galegas cunha intensa programación. É un festival que se celebra anualmente e no que se rinde homenaxe, conxuntamente, a un escritor de cada lingua. Nesta edición, o escollido para literatura inglesa é Winston Groom; Jacques Prévert para a francesa; Alba Cid en lingua galega y Camilo José Cela en castelán.


As actividades para 1º da ESO inclúen un obradoiro de clown a cargo de Anabel Gago e a elaboración de marcapáxinas solidarios, que estará coordinada pola área de Dinamización da Biblioteca. O xogo CartEaNDo, con probas relacionados con persoeiros, e un obradoiro de teatro con Clámide é a proposta para os alumnos de 2º da ESO, mentras os de 3º farán percusión e unha xincana literaria. Un trivial, une scape room, un obradoiro de educación emocional e outro de teatro musical (con CODA) forman o programa para os cursos dos maiores. Todos os niveis participarán, ademais, na elaboración dun mural artístico, nun recital no salón de actos e nuha feira cun productos artesanais, libros e marcapáxinas.

Letras no Alobre rinde homenaxe á literatura universal cun intenso programa de actos

Te puede interesar