Conciertos mirando al mar: Factoría de Subsistencia, Mr. Cool e Misty López actuarán en el chiringuito Chocolate

Conciertos mirando al mar: Factoría de Subsistencia, Mr. Cool e Misty López actuarán en el chiringuito Chocolate
Josito Porto durante unha actuación de Factoría de Subsistencia

O chiringuito Chocolate do parque de A Compostela acolle tres días de moita música durante a fin de semana. Unha forma de amenizar as tardiñas e o vermú nun entorno que, ademais, ofrece un chisco de sombra e con vistas ao mar. Tomarse algo mentras cunha banda sonora propia é a proposta para xoves, venres e domingo que fan desde este establecemento.
Será Mr. Cool o primeiro en actuar, o xoves a partir das 21 horas, nome artístico de Ramón Orencio, que leva anos subido ao escenario coa súa guitarra.
 

Media hora máis tarde, xa o venres, será o turno de Misty López, un dúo de folk con toques de psicodelia, que tras anos curtidos no sonido en directo publicaron o seu primeiro disco en 2014.
 

O domingo a música chegará durante a sesión vermú, cunha proposta divertida e diferente, con letras nas que tamén caben mensaxes con carga social. Será a partir da unha e media do mediodía. A banda está formada por Sabela Dacal, Rafa Otero, Adrián Ríos e o polifacético vilagarcián Josito Porto. O Chiringuito Chocolate programa durante o verán diversas actuacións. 

Conciertos mirando al mar: Factoría de Subsistencia, Mr. Cool e Misty López actuarán en el chiringuito Chocolate

Te puede interesar