Pablo Álvarez: “Sería interesante que, agora que entramos en campaña electoral, os partidos políticos abriran un debate enerxético”

Pablo Álvarez: “Sería interesante que, agora que entramos en campaña electoral, os partidos políticos abriran un debate enerxético”
Pablo Álvarez é un dos socios fundadores da cooperativa galega Nosa Eerxía e actualmente encóntrase comprometivo na asociación Arousa en Transición | M. Ferreirós

A demanda polas comunidades enerxéticas locais é cada vez maior ante a inflación do prezo da luz e o gas, que experimentou cifras récord dende o inicio da guerra entre Ucrania e Rusia. Pablo Álvarez, da Unión de Cooperativas de Consumidores e Usuarios de Enerxías Renovables, adéntrase na situación actual do mercado eléctrico e o papel destas grandes comunidades locais para paliar a actual dependencia ao mercado maiorista e as grandes distribuidoras.

 

Para empezar, que é unha cooperativa enerxética?
Ben, a grandes rasgos é un modelo xurídico onde as persoas que son socios e consumidores, se xuntan para comercializar e distribuir enerxía de orixe renovable principalmente e outros servizos vencellados ao tema enerxético.

 

Que vantaxes aporta?
Proporcionan xeralmente un servizo ventaxoso para os socios, que teñen voz e voto e decidir libremente sobre o modelo enerxético que queren, entre outras cuestións. É unha ferramenta de empoderamento social.

 

Debido ao encarecemento da electricidade e o gas, o Goberno realizou regulacións como a baixada do IVE, cres que é contraproducente para as cooperativas? 
A regulación que fai o goberno moitas veces non ten en conta a todos os actores do sector enerxético, entón quédase cos grandes. Como símil, esto pasa como no fútbol: A UEFA chama ao Madrid e ao Barça, pero non chama a un Elche ou a un Cádiz, aquí pasa o mesmo. O goberno mira o ben común, pero tamén ten que chegar a un consenso coas grandes empresas, porque é o mercado. Hai que ter en conta que na factura da luz máis dun 50 % son impostos, entón hai moita máis marxe que depende do goberno que non dunha comercializadora. Neste eido, acometeu o tope do gas ou a baixada do IVE, que son parches, pero que tampouco van a supor unha solución a medio prazo. A solución pasa por unha menor dependencia do gas e regular o mercado enerxético. Neste eido, a Comisión Europea está elaborando unha consulta sobre o diseño do mercado eléctrico, o cal hai que adaptar.

 

Comentábamos antes que traballas actualmente en temas da defensa dos consumidores...
Desde Unión Renovables traballamos en prol dos dereitos, defensas e intereses das cooperativas enerxéticas, as cales se compoñen de persoas consumidoras. A idea é traballar na base de que as persoas descoñecen moitas veces o funcionamento do mercado enerxético, porque é un tema moi técnico, sobre todo, e coñecendo podes tomar decisións coas ferramentas que os consumidores si teñen.

 

Actualmente existen sobre 120.000 socios de cooperativas, mentres que en Europa hai moitos máis, a que cres que se debe?
O fenómeno do cooperativismo europeo xunta máis de un millón de persoas, sobre todo en Alemaña, Países Baixos ou Dinamarca. Unha das diferencias sería a cultura cívica de participación por parte das poboacións e soen nacer en sociedades moi participativas, así como xente moi sensible polo tema medioambiental.

 

Non sei se botades en falta algún incentivo por parte dos concellos...
A veces o que se pide ao goberno máis que dar é que non meta tanto a pata, é decir, que non regule tanto, senón buscar o equilibrio. Moita regulación ao final abre un camiño que os grandes poden competir, pero os pequenos non. Polo que o ideal sería que se regule dunha manera xusta e que non poñan trabas para, por exemplo, proxectos de autoconsumo ou ás cooperativas.

 

Apoiarías a creación dunha empresa pública?
As empresas públicas están moi ben, pero despois hai que ver quen as xestiona. O bo que teñen as cooperativas enerxéticas e que as persoas son as propias que xestionan a empresa de algunha forma, entón tamén son conscientes dos límites. O bo é que non haxa un so criterio, senón que haxa pluralidade de modelos e se cree competitividade para mellorar e innovar.

 

Que é Arousa en transición?
Arousa en Transición nace en 2017 e, a partir de aí, creceu unha conciencia de concienciación enerxética na Illa, polo que se creou esta asociación para traballar nun modelo de transición enerxética basada nas renovables. Arestora o que se está facendo é o proxecto “Mar e Luz 1”, que consiste en facer unha pequena comunidade enerxética e se están instalando placas solares no Concello.

 

Agora que estamos en campaña electoral, botas de menos que se abra un debate sobre proxectos de comunidades enerxéticas en Vilagarcía?
Sería interesante que os partidos políticos abriran ese debate e que se incluira na súa axenda. Son consciente de que en Vilagarcía hai xente interesada, de feito en Arousa en transición hai xente de Vilagarcía que está apoiando a transición enerxética en A Illa.
 

Se ben o Concello está dando pasos neste eido, como a sustitución do alumeado por leds, poderíase crear un impulso máis forte, como por exemplo coa implantación destas comunidades como están facendo noutros municipios. Como, por exemplo, en Valencia a cooperativa Eléctrica de Castellar, que puxo en marcha un proxecto no que se instalaron placas solares nos tellados de edificios dunha barriada.

Pablo Álvarez: “Sería interesante que, agora que entramos en campaña electoral, os partidos políticos abriran un debate enerxético”

Te puede interesar