Patajullo, Xurelo e Cachelo non perderon as festas de San Roque en Vilagarcía

Patajullo, Xurelo e Cachelo non perderon as festas de San Roque en Vilagarcía
Un momento da actuación I GONZALO SALGADO

Moitas risas e moita complicidade foron o que o señor Patajullo e a súa banda Barullo atoparon nas rúas de Vilagarcía. Os cativos participaron con entusiasmo dun espectáculo que encheu Castelao con música, humor e contos, unha mestura que sen dúbida encandilou a pequenos e maiores.
 

Por alí non só pasou Patajullo. Tamén estivo acompañado polos señores Xurelo, Cacheo, Linqueirón e Arneirón, cunha banda na que ademais da percusión e as guitarras, que sempre logran mobilizar ao público, estiveron moi presentes os ritmos tradicionais das gaitas e pandeiretas. O espectáculo da compañía Nelson Quinteiro forma parte do programa ‘Cultura no Camiño’, da Xunta de Galicia.
 

Os nenos o pasaron en grande cos contos que a curiosa banda trouxo para eles. Son, en realidade, as historias e tradicións da isla de Con, que serven como metáfora da tradición oral galega.

 

Iria
O público durante o espectáculo I GONZALO SALGADO


 

Un espectáculo que ten en conta todos os detalles, coas cores mariñeiras dos vestiarios (sobre todo en branco con partes en azul), que contrasta coas cores da escenografía deseñada por Leandro Lamas, que serve como retablo para contos e cantigas.
A través destas historias, os presentes viaxaron por tradicións como o Entroido, os Maios ou San Xoán; transportándose en traíñas e bateis e cantaron as cantigas de mariñeiros, redeiras, sereas ou gaiteiros.
 

Todo elo ao ritmo da música divertida da Banda Barullo, que ata fixo bailar ao público e que conseguiu sacar moitas gargalladas. Os cativos participaron de forma activa nun espectáculo que ten hora e media de duración.
 

Patajullo, Xurelo e Cachelo non perderon as festas de San Roque en Vilagarcía

Te puede interesar