O programa polas Letras Galegas acada o seu apoxeo con música e homenaxes en Carril

O programa polas Letras Galegas acada o seu apoxeo con música e homenaxes en Carril
Diario de Arousa-2018-05-17-009-6a8061bd

Vilagarcía leva días festexando o Día das Letras Galegas con diversas homenaxes a María Victoria Moreno que esta comarca tivo a sorte de coñecer en primeira persoa, pois parte da súa traxectoria profesional discurriu por algunhas das súas vilas. Pero os actos centrais da capital arousana terán lugar hoxe, como é costume, en Carril. A partir das 11 horas haberá unha ruada co grupo de gaitas Malveiras e ao mediodía, a Escola de Baile e Pandeireta ofrecerá un concerto na Praza da Liberdade. A programación irá collendo forza coa actuación da Rondalla do Gato Negro e a tradicional ofrenda floral a Rosalía de Castro ante o busto conmemorativo erixido na vila carrilexa. na horna da poetisa. A guinda poñerana Davide Salvado e Pedro Pascual cun concerto de sesión vermú, ás 13 horas, na mesma praza, e de seguido servirase un ágape popular no Gato Negro. 
Días previos 
Cabe recordar que a biblioteca continúa coa súa mostra especial sobre a homenaxeda este ano,  a estremeña namorada de Galicia e a súa lingua que chegou a converterse nunha das súas máis firmes defensoras e divulgadoras dende as aulas e obras infantís e xuvenís, poesía, artigos, etc. 
Ademáis colexios e entidades culturais e sociais da vila tamén están a facer actos especiais estes días. Un deles é o colexio Sagrada Familia que onte saiu á rúa, concretamente a Castelao para ofrecer un “flashmob” inspirado na iniciativa publicitaria “Sé teimudo” que anima á creación deste tipo de pezas seguindo cinco pasos da muiñeira. De feito, de sobra coñecida é a “Globalmuiñeira”. O bo facer dos mozos, que levaban días practicando, chamou a atención dos peóns que a esas horas percorrían o centro da cidade. 
Por outra banda, Manolo Dopico e Lucio estiveron onte na Escola Infantil Municipal cunha sesión de cancións e xogos. Segundo as profesoras, foi tan divertido que acabaron cantando pequenos e maiores.

O programa polas Letras Galegas acada o seu apoxeo con música e homenaxes en Carril

Te puede interesar