Regresa o Festaclown a Vilagarcía: Espectáculos de maxia, clown e humor para toda a familia

Regresa o Festaclown a Vilagarcía: Espectáculos de maxia, clown e humor para toda a familia
Unha edición anterior do Festaclown I G.S.

As festas de San Roque, que organiza a Concellería de Cultura, viven desde mañán luns 18 de agosto un dos momentos máis esperados polas familias: O regreso do Festaclown, o circo ao aire libre que enche as rúas durante as celebracións patronais.
 

Aínda que o resto de días haberá espectáculos de mañán e tarde, na xornada inicial será só a partir das 19:30 horas. Na Praza de Galicia, maiores e pequenos poderán atopar o Minotauro de Nacho Flores, unha impresionante estrutura de madeira e outros elementos que terá que ser domada ao son da música en directo e mediante a colaboración entre público e artistas. 

 

Ás 21 horas comezará, na Praza da II República, a xa tradicional gala solidaria por Palestina, Circo contra a barbarie. Está organizada xunto á ONG Pallasos en Rebeldía, formada por unha rede internacional de grupos artísticos que promoven a solidariedade como motores de cambio. Nesta edición, contará con artistas de primeiro nivel, como Mercedes Peón, Mago Teto, Kote Malabar, Marta Iglesias e Zirko Txosko. A maxia, a música e o clown únense unha vez máis  para berrar polo fin do xenocidio. A entrada para o circo é de balde, coma a do resto do cartel, aínda que haberá unha billeteira inversa e fila 0 (no bizum +34 670504277) para todos aqueles que queiran contribuir á ONG a prol de Palestina. 

Regresa o Festaclown a Vilagarcía: Espectáculos de maxia, clown e humor para toda a familia

Te puede interesar