Reportaxe | As Letras Galegas vístense de música e arte en terras carrilexas

Reportaxe | As Letras Galegas vístense de música e arte en terras carrilexas
Carril converteuse no epicentro das celebracións do día grande das Letras Galegas | gonzalo salgado

A cultura, a propia e asinada con letras galegas, rebordou por completo as terras carrilexas. Vilagarcía centralizou os actos en honra ao idioma propio e á figura de María Victoria Moreno en Carril. Foi alí, como cada ano, donde máis cultura da terra se respirou, pero con máis ímpeto se cabe que edicións anteriores.
As celebracións xa comezaron de mañá cedo co pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Malveiras. Foi ao fío das doce cando a Praza da Liberdade, epicentro do movemento carrilexo, empezou a cobrar vida da man da actuación da Escola de Baile e Pandeireta. Foi o aperitivo para a actuación da Rondalla, un emblema da cultura en Carril e unha alegría para os oídos.
A música trocou en homenaxe e mudou de espazo ata o emprazamento do busto de Rosalía de Castro, a escritora por excelencia do Rexurdimento das letras galegas e que pasou longas temporadas en Carril, mirando ao mar e mirando a Cortegada.
A cantareira e pandereteira Lucía César Veloso exerceu de mestra de cerimonias para dar pase a música da terra de primeiro nivel e para proceder a un alegato pola lingua na que as novas xeracións son a esperanza de conservación da mesma. A música e a festa non quixeron parar en Carril nun día soleado e con temperaturas propias dos meses estivais. Por iso, tras a homenaxe, a quenda foi de novo para a Praza da Liberdade coa música de Davide Salvado e Pedro Pascual.
O certo é que as actividades das Letras Galegas en Vilagarcía téñense desenvolvido ao longo destas últimas semanas en diferentes escenarios. Tras o paso do día grande aínda queda metralla na programación. Así pois o Auditorio municipal acollerá o vindeiro luns día 28 a representación teatral de “Leonardo e os fontaneiros”, unha das obras máis coñecidas de María Victoria Moreno. l

Reportaxe | As Letras Galegas vístense de música e arte en terras carrilexas

Te puede interesar