A Asociación Veciñal Breogán e Amencer Aspace, organizadores do festival benéfico, anunciaron que a recadación da segunda edición do Solifest, que se celebrou en abril no Piñeiriño, rachou con todas as expectativas, ao alcanzar a suma de 7.977,47 euros.
Ao acto de entrega do cheque acudieron varios dos artistas participantes, ademais dos directivos da asociación veciñal, Antonio Garrido e Pedro Falcón, e membros de Amencer Aspace. A recadación permitirá mellorar os servizos que reciben os usuarios do centro Princesa Letizia, situado nunha marxe do Valdés Bermejo. Precisamente un deles foi o encargado de recibir o cheque do diñeiro recadado no “mellor barrio do mundo”, apuntan desde a organización.
A cifra, que cuadriplica a que se conseguiu na primeira edición, permitirá adquirir unha cinta andadora, barras paralelas, produtos de masaxe e aromaterapia,materiais para o taller de arte e novos mandís para o comedor. O demais irá destinado a custear terapias de rehabilitación para os usuarios das familias con menos recursos. A cesta sorteada por La Tienda del Barrio e Claudo As Pistas non foi reclmada, polo que tamén irá para o centro Princesa Letizia.