O Salnés convértese nunha romaría para honrar ás cantareiras nas Letras Galegas

O Salnés convértese nunha romaría para honrar ás cantareiras nas Letras Galegas
Letras Galegas en A Illa I MÓNICA FERREIRÓS

A homenaxe ás cantareiras, as mulleres que, a longo da historia, tiveron o poder de transmitir a tradición cultural galega a través das súas mans e das súas gorxas, deixouse notar na programación especial que a comarca do Salnés dedicou ao 17 de maio.
 

As Letras Galegas celebrándose por todos os recunchos da comarca, coa música como protagonista, pero tamén cunha ampla variedade de actos que encheron a xornada.
 

Letras en Vilagarcu00eda
Alberto Varela e Sonia Outón na ofrenda floral en Vilagarcía I MÓNICA FERREIRÓS

En Vilagarcía, Carril foi o escenario principal dunha programación que comezou ás once da mañá, co pasarrúas a cargo de Malveiras, que unha hora despois ofrecía, xunto á agrupación de Gato Negro, un espectáculo de baile tradicional. Xá ás doce e media tivo lugar a ofrenda floral a Rosalía de Castro, na que participou o alcalde e boa parte da Corporación. As Cantareiras Bulideiras, herdeiras da tradición oral, protagonizaron o seguinte pasarrúas, para dar paso a un concerto-recital a cargo de Lúa Mosquetera e Pablo Seijas.

 

Actos sobradelo
O xantar en Sobradelo I MÓNICA FERREIRÓS

 

Ambiente de festa

A Casa da Parga, en Meis, converteuse nunha romaría, na que non faltou nin a música, con especial protagonismo para os grupos tradicionais locais, nin a comida. Foron os mesmos ingredientes dos concurridos xantares que tiveron lugar en Carril e Sobradelo, organizadas ambas polas respectivas comisións de festas. A cultura mariñeira non faltou no privilexiado enclave da Illa de Arousa, onde as embarcacións volveron a tomar o peirao do Xufre, nos actos organizados pola asociación Dorna. A Escola de Navegación Tradicional procedeu ao bautizo de mar de dúas embarcacións, que levan meses recuperando. A música e a danza en terra acompañaron á imaxe marítima, que tamén supuxo o inicio da temporada de navegación. Na programación especial polas Letras Galegas na comarca do Salnés houbo tamén tempo para a emoción. Como a que invadiu San Miguel de Deiro, onde a Asociación de Mulleres Rurais Lolita Trigo, que rendeu homenaxe á súa creadora, Milagros Pintos, xa falecida. Un acto ao que asistiu Javier Tourís. A música tamén tomou o Auditorio de Ribadumia e o Centro Socialal de Dena, en Meaño, onde tivo lugar o concerto da Asociación Cultural Penaguda.

 

Actos meis
Actos na Casa Parga de Meis I MÓNICA FERREIRÓS

 

Certame literario

A literatura tamén estivo presente da man da Mesa das Vebas, de Vilagarcía, que o venres entregou os premios das Letras Galegas. O primeiro foi para Manuel Oubiña Losada, o segundo para Juan José Mateus Meixús e o terceiro para Luis González Bravo.

O Salnés convértese nunha romaría para honrar ás cantareiras nas Letras Galegas

Te puede interesar