San Fidel volta a Carril coa idea de recobrar a ilusión e a normalidade

San Fidel volta a Carril coa idea de recobrar a ilusión e a normalidade
María Porto e Manuel Araújo, organizadores da cita | Gonzalo Salgado

As ganas de festa invaden Carril e así o amosa a programación de festexos neste fin de mes. O patrón da localidade, o Santiago Apóstol, abrirá a tempada que continuará a seguinte fin de semana coa emblemática celebración de San Fidel.


Desde a comisión de festas de San Fidel, encarnada por María Porto e Manuel Araújo, viven estas datas dunha maneira especial, e resáltanas como os dous iconos do municipio. María Porto, unha das responsables de que este festexo consiga materealizarse, mantén que o Apóstol evoca seriedade e tradición, mentres que San Fidel é unha festa dos nenos e nenas, tendo unha cara moito máis lúdica e desenfadada.


Este será o seu último ano ao fronte desta comisión, aínda que asegura xa levar tempo decíndoo. O desexo dos organizadores e que os cidadáns recobren a “normalidade” e a “ilusión” das festas. Tamén ansían que alguén recolla o seu testigo e manteña viva a celebración ao Santo como unha parte da identidade da xente e do pobo de Carril.


Porto narra a complexidade de organizar este tipo de festexos, nun ano que se consegueu un presuposto 

de pouco máis da metade que en anos posteriores á pandemia. Igualmente, móstrase molesta ante a dificultade de conseguir certos permisos, que conlevan que a organización acumule máis de mes e medio de papeleos e xestións. Sobre todo, pon énfase no descoñecemento que se xera en algunhas instancias, resaltando o caso de Portos.


En canto á programación, como novidade, a celebración dará comezo sen as tradicionais salva de bombas, retiradas da programación. María Porto cita o ruido e estrondo, e aos efectos que provoca en animais e persoas para explicar esta iniciativa: “Son innecesarias, e son molestas para os animais e para as persoas con necesidades especiais ou que simplemente lles teñan medo, como é o caso de moitos nenos”. Igualmente pide “respceto” con esta decisión, aínda que “entende” as diferentes opinións dos asistentes.


O sábado 30, a festa en honor a San Fidel arrancará con actividades dirixidas aos nenos e nenas con xogos infantís, inchables ou festas da espuma, co colofón final das regatas de barcaños.


O domingo continuará a programación cos pasa rúas de xigantes e cabezudos que, como curiosidade, é o momento favorito dos membros da comisión, que estarán amenizados polo grupo de gaitas “Airiños de Carril”.


Ás 17:30 horas, darán comezo as emblemáticas cucañas na Praza da Liberdade, con numerosos xogos populares para o público máis mozo. Ás 19:30 horas, “Culturactiva Producción” será a encargada de preceder a gran verbena organizada pola comisión que arrancará pola noite ás 22:30 horas cos grupos Assia e América de Vigo.

San Fidel volta a Carril coa idea de recobrar a ilusión e a normalidade

Te puede interesar