Hai plans de noite que se viven mellor en verán e que van máis aló de pasar un sábado nun festival, nunha discoteca ou nunha verbena. Iso é xustamente o que pensaron as arredor de medio cento de persoas que quixeron vivir a experiencia de coñecer de preto o paso que deixaron os ancestros pola parroquia vilagarciana de Bamio. Alí, cunhas vistas privilexiadas á Ría de Arousa, atópase a estación arqueolóxica dos Ballotes, unha das xoias históricas de Vilagarcía e aínda descoñecida para moitos dos seus habitantes.
Foi o historiador Félix González Insua o encargado de dirixir a visita polas pedras que falan. Fíxoo nunha visita que non durou máis de 45 minutos, pero que serviu para facer unha idea aproximada do que significa ter un enclave con vestixios de hai uns 5.000 anos. “Fue gracias a las distintas intervenciones que se hicieron aquí, la primera en el año 2009, las que nos permiten ahora contar con paneles explicativos y poder entender un poco qué hay en las piedras”, explicó el guía. Antes desa data –como el mesmo referenciou– Os Ballotes xa espertaran a curiosidade de intelectuais como Fermín Bouza-Brey ou de arqueólogos italianos que nos anos 60 deixaron constancia dunha escea de “monta” que coas técnicas modernas se dubida de que sexa tal. Os Ballotes, iso si, foron dos complexos de petróglifos máis estudados de Galicia e destacan pola súa excelente accesibilidade, tal como destacou González Insua. Foi coa luz das lanternas como as figuras que polo día permanecen practicamente ocultas ao ollo humano cobraron vida. “Podemos ver ciervos, caballos, más figuras zoomórficas y también elementos geométricos o las llamadas “coviñas””, destacou o historiador e guía do evento. A iluminación cruzada incluso deixou ver algún debuxo moderno esculpido sobre a rocha cun cincel e que “nada tiene que ver con los prehistóricos, datados en la Edad de Bronce”. Un pequeno panel a pé de cada rocha permite descifrar con máis claridade o que hai oculto dende hai milleiros de anos. Félix González explicou que – ao contrario que outros petróglifos máis ou menos próximos– nos dos Ballotes non se perciben ilustradas sobre a pedra armas da época. Iso si, é unha estación na que seguramente quede moito por explorar. “En las últimas intervenciones se revelaron nuevos elementos que ahora podemos apreciar. Seguramente bajo la tierra hay más”, explicou o guía.
A visita – que xa se fixo hai anos neste mesmo enclave con éxito de público– tamén serviu para reivindicar un panel a maiores para unha das pedras que está sen referenciar. Este evento guiado puxo o punto final á programación da Romaría dos Lombos do Ulla, cuxa segunda edición se celebrou na zona de esparcemento da praia do Campanario. Outro deses sitios máximos e simbólicos.