Auténtica solución salomónica no PP do Salnés?

ai un vello refrán que di que “cando non hai fariña todo é riña…” e algo así parece estarlle a suceder ao Partido Popular na comarca do Salnés, antigo graneiro de votos e feudo inexpugnable dos da gaivota ata hai ben pouco, pero que nestes momentos conserva baixo as súas siglas 3 dos 9 concellos posibles, sempre e cando non desbotemos a Alcaldía de Meaño tra-lo expendiente de sanción incoado contra o seu rexidor, Carlos Viéitez, despois do “affaire” mantido frente a Gonzalo Durán e as súas aspiracións de manterse ao fronte da Mancomunidade.
Si esta suspensión de militancia se leva a cabo, a tódolos efectos o PPdeG tería na provincia de Pontevedra 23 Alcaldías (a cifra máis baixa da historia recente) e no Salnés só dúas, as de Sanxenxo e Vilanova de Arousa, un dato que resulta un tanto preocupante para os dirixentes do partido, non so a nivel provincial senón galego.
Si analizamos a situación vemos como o “choque de trens” entre Carlos Viéitez e Gonzalo Durán sáldase co primeiro suspendido de militancia e o segundo renunciando a ser candidato a presidir a Mancomunidade, institución que leva dirixindo desde hai 8 anos e da que forma parte desde os seus albores, nos anos 90 do século pasado.
Seguindo cos refráns, Gonzalo Durán imitando á fábula da raposa e as uvas, podería dicir que “están verdes…” (en referencia á Mancomunidade) e de aí que decidira anunciar que renuncia a optar á súa presidencia. Esta “decisión” sería froito dunha sosegada decisión persoal, ou quizais pedida polos dirixentes do seu partido ou tamén imposta polo devir dos acontecementos. En todo caso, estamos ante unha nova situación: Carlos Viéitez quédase sen militancia no Partido Popular aínda que seguirá, a priori, gobernando co voto dos concelleiros desta formación política que decidiu “suspendelo” (situación un tanto curiosa, non cren?) e Gonzalo Durán vese apartado dun altofalante supramunicipal como é a Mancomunidade… Desexo cumprido dos seus detractores.
En resumo, si alguén bota contas podería pensar que estamos ante unha discusión de colexio entre dous alumnos que, de estar no modelo educativo anterior, ben se podería resolver con sendos cachetes a cada un dos protagonistas e a “otra cosa mariposa”… pero en realidade podería ser unha inxeniosa solución salomónica artellada de tal xeito que, ao final, a Gonzalo Durán apártaselle do seu desexo de recuncar na Mancomunidade mentras un Carlos Viéitez sen carné de militante (dentro de catro anos Deus dirá…) segue no poleiro, ou non?

Auténtica solución salomónica no PP do Salnés?

Te puede interesar