A incertidume dun paro estrutural...

Os datos do desemprego na comarca do Salnés seguen a empañar calquera mostra de estabilidade e de tranquilidade de futuro. As casi 7.700 persoas que figuran nas estatísticas públicas de emprego falan ás claras de que non acabamos de recuperarnos da crise económica mundial que xurdiu no ano 2008 e que segue presente hoxendía en moitos fogares.
Falábase estes días de que había un repunte en certas actividades económicas, como no caso da construción, onde se estaba a pasar de obras de rehabilitación a ampliar o parque de vivendas de nova creación. Cada vez que escoito esto pónseme a carne de galiña porque parece que esqueceramos o noso pasado recente e estiveramos buscando unha razón para volver tropezar.
Os intereses están moito máis altos que antes para formalizar créditos hipotecarios, pero parecera que por veces os bancos quixeran volver ás andadas con aperturas indiscriminadas ao incentivo de préstamos que favorezan o consumo cando en realidade a capacidade adquisitiva do traballador medio é moi inferior aos periodos precrise cando un mileurista era un “pringado” da escala salarial, mentras que agora é casi un privilexiado.
Con tan pouca capacidade de aforro da clase traballadora como alguén se prantexa volver a apostar polo ladrillo como investimento de futuro? 
Chamaranme vostedes escéptico, pero eu de momento non o vexo. O certo é que algunha que outra grúa comeza a erguerse tímidamente, pero creo que aínda nos queda moito por andar para volver a coñecer aqueles “anos de esplendor” onde os mozos abandonaban o seus estudios para gañar un bo soldo coa paleta traballando a destaxo non so en Galicia senón en paraísos do mundo da construción como sucedía na Comunidade canaria.
Hai que seguir diversificando e ampliando a base produtiva si queremos asegurar un futuro para a mocidade e que se poda incorporar ao mercado laboral con perspectivas de se convertir nun consumidor solvente, con posibilidade de gastar e unha mínima capacidade de aforro para afrontar investimentos de envergadura como a compra dunha vivenda.
En fin, que todavía nos queda moito camiño para ver baixar as cifras do desemprego e deixar atrás uns datos que, pola lentitude da súa diminución, parecera que se foran quedar así para sempre, formando parte do que lle chaman os expertos en economía o paro estrutural, formado básicamente por desempregados de longa duración, maiores de 45 años e mozos que non acaban de entrar con garantías de estabilidade no mercado laboral, ou non?
 

A incertidume dun paro estrutural...

Te puede interesar