Meaño, o corazón do Salnés que latexa ao seu ritmo...

Desde logo que todos e cada uno dos concellos que conforman a ría de Arousa, especialmente na comarca do Salnés, caracterízanse por ser únicos e diferentes. Cada quen ten as súas particularidades e a súa idiosincrasia propia que, quizais, pase desapercibido para os de fóra (ou incomprendido), pero para os paisanos de aquí saben perfectamente que non é o mesmo ser de Vilagarcía que de Cambados, ser de Vilanova que de A Illa ou mesmo ser de Carril que de Vilaxoán… Para uns será un problema de localismos, para outros é a riqueza e a peculiaridade da  nosa ría.

Poderiamos falar de todos e calquer un dos concellos que conforman as comarcas do Barbanza, do Ulla-Umia e do Salnés, pero voume deter no corazón do Salnés, en Meaño. Un concello que sempre marchou ao seu ritmo, nin mellor nin peor que ninguén, pero ao paso que sempre se deron a si mesmos os veciños e veciñas de Meaño, sin distincións (vale, están os de Dena, e tamén os de Xil, e ademais os de…).

Meaño, terra de bo viño, reinvidica o seu “albariño de autor”, as súas carreiras de camas, a súa banda de música e a súa maneira de ver e entende-la vida. Así, durante moitos anos e en vida de Jorge Domínguez levou a súa idiosincrasia tamén ao terreo político sendo o único concello do Salnés con alcalde independente e con maioría absolutísima que revalidaba sen despeitearse polo grande apoio dos seus veciños e veciñas, como perfecto coñecedor que era Jorge desa particularidade do seu pobo.

Co paso do tempo chegou aquel momento no que nun acto político multitudinario Jorge Domínguez, ante Xosé Cuíña (fillo adoptivo de Vilagarcía e naquel momento todopoderoso delfín de Fraga), entonara aquel “si tu me dices ven…” que tivo unha segunda parte doorosa marcada por aquel “unha vez metido esquecido o prometido…” e que tantos quebradeiros de cabeza lle provocou chegando incluso a enturbiar xa dalquea as relacións entre Vilanova e Meaño e que, curiosamente, volven de novo a estar de actualidade… Parece que as garantías de “pax romana” ofrecidas a “Roma” polo pretor saliniense tras un xuizo sumarísimo con execución pública en lugar de atopar o descanso eterno dos cemiterios vai camiño de se converter nun auténtico pesadelo a modo de “Santa Compaña” composta por alomenos 680 cofrades… 

Así temos que no corazón do Salnés vólvense rexistrar arritmias e incluso amagos de infarto que provocan xuntanzas veciñais que enchen pavillóns e o resoar de atronadores tambores que presaxian que Meaño, concello de terra adentro, volve reivindicar ser un verso libre para entonar o seu canto característico alonxado do voo errátio que nos últimos tempos marca a gaivota, que parece esquecer aquel refrán que di que cando está en terra, en momentos de tempestade, mariñeiros… ou non?

Meaño, o corazón do Salnés que latexa ao seu ritmo...

Te puede interesar