O mecenazgo cultural do albariño...

O sector vitivinícola é un dos máis comprometidos coa promoción da nosa cultura. Será, quizais, porque o albariño forma parte activa da nosa idiosincrasia como pobo e é un motor do desenvolvemento do noso país en tódalas súas facetas, ademais da económica.

Son moitas as adegas que vencellan a promoción da súa marca comercial con iniciativas relacionadas coa cultura e a música actuando infinidade de veces como auténticos mecenas do noso folclore popular. Certames literarios, festivais e actuacións musiciais, recuperación de vellos instrumentos da idade media, promoción de agrupacións folclóricas, etc. son exemplos vivos do papel dinamizador e da faceta social que realiza o sector vitivinícola.

Á recíproca, a sociedade fai tamén un recoñecemento explícito a estes feitos a través da concesión de premios e distincións que moitas veces son simbólicas e meramente honoríficas pero que representan o agradecemento colectivo a un labor que se sostén no tempo e que se adapta ás novas circunstancias, en función da realidade que nos toca vivir.

Sin o compromiso e o respaldo económico de moitas adegas sería imposible que a nosa cultura, tal e como a entendemos hoxendía, tivera a mesma consideración nin presencia no panorama nacional ou internacional. Resulta moitas veces moi difícil que os novos valores atopen un estímulo e un apoio axeitado para seguir desenrolando o seu proxecto creativo sin o concurso e a participación de mecenas como as principais marcas de albariño da nosa comarca.

Entre as adegas senlleiras do noso país, que adican parte dos seus recursos á cultura, está Martín Códax, precisamente unha cooperativa vitivinícola que acaba de ser galardoada co premio Fulget, concedido pola facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Compostela, galardón co que o xurado recoñece a súa implicación na innovación sostible, investigación e apoio ao ámbito cultural, por exemplo, con Os Xoves de Códax, os Premios Martín Códax da Música e o Outono Códax Festival.

Facer país é un compromiso de todos, especialmente daquelas empresas ou institucións que teñen a posibilidade material de contribuir co seu excedente ou beneficios a incrementa-la conservación das nosas tradicións e a impulsar novos camiños abertos polos emprendedores tamén no mundo da cultura, a música e a literatura. Mil primaveras máis para a nosa cultura e para aquelas entidades que como, Martín Códax, teñen o seu compromiso moi preto da realidade social e o futuro do noso país, ou non?

O mecenazgo cultural do albariño...

Te puede interesar