Volvemos ao “Plan Galicia de mier...”

or fin coñecemos o alcance dos Orzamentos Xerais do Estado mediante os cales Pedro Sánchez pretende “rescata-lo Estado do Benestar” e xustificar o porqué do seu empecinamento en esgota-la presente lexislatura ata o ano 2020 en lugar de convocar eleccións “canto antes”, tal e como se comprometeu na moción de censura que jubilou definitivamente a Mariano Rajoy da política.
Xa imos coñecendo a cuantía do prezo que nos custará o alugueiro do Pazo da Moncloa para que siga nel o líder socialista e pasa pola reducción dun 20% das partidas orzamentarias para Galicia, dentro das contas xerais, e un aumento dun 52% nos cartos destinados á “díscola” Cataluña. Quen non chora non mama e os independentistas cataláns poñen en moi alta estima, e cuantificación, o seu apoio ás contas de Pedro Sánchez e, en consecuencia, facilitar así o alongamento do seu mandato ata o 2020, tal e como pretende o actual inquilino da Moncloa.
En canto á Galicia, si non é “f… astidiar”, parece e cando chega un goberno socialista a Madrid rápidamente pasan de novo ao “caixón das minucias” e do esquecemento as grandes obras e investimentos en infraestruturas. Así, gran parte do “reequilibrio orzamentario” que recibirá Cataluña farase en base á redución e a parálises de iniciativas investidoras prevista para a  Comunidade Autónoma galega, acostumada a cumprir sempre coas esixencias das políticas de austeridade mentras noutros lugares do Estado pásanas polo forro co agravante e “recochineo” do “España nos roba”…
Polo que respecta ás comarcas que compoñen o espazo xeoestratéxico definido pola Ría de Arousa, dicir que non hai nada novo baixo o ceo e segue a pasar o de sempre. Así, nada hai das reclamadas reformas nas casas cuartel da Garda Civil de Vilagarcía e Cambados (xa choveu…) e as partidas que figuran para reclamacións históricas como a variante oeste de Caldas e a do Ullán, así como para a praza de abastos de Cambados que pasa do 1,1 millóns de euros a pouco máis de 200.000 euros, sin esquecernos tampouco, na comarca de Pontevedra, da súa circunvalación que ve reducido o seu orzamento a tan so 100.000 euros, cantidade irrisoria, por non dicir unha auténtica tomadura de pelo…
En fin, que cando chegan os colegas da ínclita Magdalena Álvarez ao goberno de Madrid, dun xeito ou doutro, asistimos impasibles a un novo episodio daquela ignominosa serie política titulada como o “Plan Galicia de mier…”, ou non?

Volvemos ao “Plan Galicia de mier...”

Te puede interesar