sábado 26/9/20

PERFECTO DE DIOS (MEMORIA HISTÓRICA)

O pasado domingo fun convidado pola Asociación para a Recuperación

O pasado domingo fun convidado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica a Sandiás (Ourense), a un acto simbólico e moi emotivo: o enterro de Perfecto de Dios que xa pode descansar ao carón da súa nai.
Os restos daquel mozo de 19 anos guerrilleiro contra o franquismo asasinado pola Garda Civil no ano 1950 ante a mirada horrorizada da súa nai Carme. Os restos foron exhumados o pasado ano pola ARMH e este domingo entregados ao seu irmán Camilo de Dios tamén guerrilleiro naquelas datas.  
Perfecto de Dios descansa agora en Sandiás, logo de estar 65 anos enterrado contra o muro exterior dun cemiterio de Ávila, como cidadán español tiña dereito a descansar na súa terra. A exhumación foi pagada polo sindicato de electricistas de Noruega ELOGIT,  o análise do ADN foron realizados de xeito altruísta en Arxentina polo Centro Antropolóxico Forense, xa que neste país non acadaron que se fixera oficialmente. Para máis inri, a alcaldesa en funcións de Sandiás non cedeu o auditorio, e tivo que facerse en Xinzo de Limia. Alcaldesa que leva gobernando desde o ano 1979, onde este ano perdeu as eleccións.
Desde a chegada deste goberno de Rajoy, nada fixo para cumprir a lei da Memoria Histórica, non volveu a convocar axudas. Teñen que vir os de outros países a axudar  a recuperar as vítimas da ditadura franquista, unha das grandes vergoñas deste país.
Logo tes que aguantar tanta hipocrisía o ver fai uns días a Felipe VI nunha homenaxe aos republicanos que liberaron París nas II Guerra Mundial, onde aquí seguen milleiros de republicanos guindados nas cunetas, todo asemella a unha película surrealista. Encanto non apareza ata o último dos desaparecidos e asasinados a democracia non cauterizará.
Sen memoria histórica, non hai democracia verdadeira. Temos que lembrar nas vindeiras eleccións para botar fora os que levan 4 anos desobedecendo a Lei de Memoria Histórica. Grazas a ARMH polo seu traballo. Grazas aos sindicatos noruegueses pola súa solidariedade e grazas a Arxentina pola súa colaboración altruísta.

Comentarios