Xoán Antón Pérez-lema

Reducirmos a dependencia

Se a actuación do Goberno diante da crise inflacionaria ben pode alcumarse de serodia, parcial e pouco matinada a da Xunta ben pode alcumarse de inexistente, tanto en ideas como en actuacións concretas.

Pérez Jácome e Núñez Feijóo

Foi un anticipamento da lawfare despois desenvolvida por Bolsonaro ou Trump.Mais Pérez Jácome non estivo só nesta angueira, pois que contou coa colaboración inestimábel do pasado fiscal provincial de Ourense, Florentino Delgado, que desenvolveu o cargo entre 1995 e primeiros de 2019 e que foi sancionado pola Fiscalía Xeral do Estado a 19 meses de suspensión pola comisión de dúas faltas moi graves e outras dúas graves (atrasos inxustificábeis no trámite de denuncia contra o antigo alcalde do PP de Ourense, Manuel Cabezas) e a outros 18 meses de suspensión por outras dúas faltas moi graves, por continuar no uso da súa vivenda ourensá con cargo á Xunta cando ésta xa lle requirira a despexala.Pérez Jácome está sendo investigado por un delicto de malversación de diñeiro público polo Xulgado de Instrución nº 2 ourensán, polo desvío ao seu propio patrimonio persoal de 50.000 € e ao da súa canle Aurea TV polo pagamento da súa licenza á Unión de Televisións Galegas.

Non hai fronteiras?

Mais nesa mobilización popular insírese unha outra demanda: que o Estado español, nomeadamente o seu establishment político, cultural ou mesmo musical, fose quen de recoñecer que a lingua e a música tradicional galegas (ben que moi fusionada con outros elementos que actualizan e potencian a proposta Tanxugueiras) puidesen representar un Estado plurinacional, pluricultural e plurilingüe que, asemade, fracasa na Eurovision Fest dende o século XX.Este día vimos como o xurado de 5 persoas que a RTVE nomeou para esta tarefa excluiu Tanxugueiras da final do sábado 29-X, con graves sospeitas a respecto das 3 persoas españolas do xuri, tanto polos seus vencellos con outros concursantes como por unha posta en escea ben agresiva a respecto das que sempre foron as gañadoras na democracia do público.De seguro que Tanxugueiras compite- e ha competir- esta noite con esa España que acredita ser unilingüe, unicultural e uninacional.

O líder político da Galicia moderna

É unha evidencia científica, ratificada dende os tempos de Dámaso Alonso nos anos 40 do século XX por todos os dialectólogos, que o galego que falan uns 40.000 cidadáns asturianos (5% da poboación das Asturies) dos 19 concellos do oeste do Principado é unha variante dialectal do galego, o galego oriental, que partillan tamén os galegofalantes do Berzo e da Seara (administrativamente en Castela-León) e os galegos da parte máis ao leste da Galicia administrativa.Velaí que a Real Academia Galega (RAG) cumprise coa súa obriga cando se dirixiu ás autoridades do Principado para que o galego fose recoñecido como lingua oficial na vindeira reforma do Estatuto asturiano, canda a llingua asturiana, falada no resto do Principado, no norte da provincia de León e na vila portuguesa de Miranda do Douro.

Eurorexión e eixo atlántico

Isto xerará novas oportunidades de negocio para as actividades turísticas galegas, malia que a falla de encaixe do transporte de mercadorías no esquema do AVE limitará substancialmente as súas vantaxes a respecto doutras actividades económicas do País que, por outra banda, tenderá a se debruzar máis cara a complementariedade (turismo e lecer) co hub madrileño (tamén furado negro que baleirou a Meseta toda), que é o grande beneficiario dun AVE radial que quita recursos para outros eixos ferroviarios máis importantes para Galicia, como o corredor atlántico que leve as nosas mercadorías cara Europa ou a propia conexión de pasaxeiros e mercadorías con Porto e Lisboa, que reivindica o Goberno portugués como prioritaria a respecto da conexión Lisboa-Madrid.

ALCOA: nin saben nin queren

Mais a Xunta e o Goberno do Estado nin saben, nin valen, nin queren.

O soberanismo galego

A orixe é, para os que cren que Galicia é unha parte de España sen dereito ningún adicional, a soberanía única que este día defenderon no Parlamento de Galicia o PSdeG de Gonzalo Caballero e o PPdeG de Núñez Feijóo, de xeito que unha reforma do marco xurídico-político podería suprimir o limitado autogoberno galego e restaurar o centralismo no que acreditan as forzas políticas españolas.Mais a orixe, para os soberanistas, é o recoñecemento de Galicia como nación, como suxeito xurídico-político coa plena capacidade de decidir o seu futuro.

O soberanismo galego

A orixe é, para os que cren que Galicia é unha parte de España sen dereito ningún adicional, a soberanía única que este día defenderon no Parlamento de Galicia o PSdeG de Gonzalo Caballero e o PPdeG de Núñez Feijóo, de xeito que unha reforma do marco xurídico-político podería suprimir o limitado autogoberno galego e restaurar o centralismo no que acreditan as forzas políticas españolas.Mais a orixe, para os soberanistas, é o recoñecemento de Galicia como nación, como suxeito xurídico-político coa plena capacidade de decidir o seu futuro.

Xulgar dende a España profunda

Doutro xeito seguerán a xulgar, seguerán a xulgarmos, dende a España profunda.

Disparármonos ao pe

Ou queren definir xa de vez o Estatuto como simple carta outorgada e ao autogoberno como concesión española?

Minorizan a nosa lingua

No lingúistico e no económico.Calviño defendeu no Congreso que o anteproxecto é axeitado, porque o castelán é a lingua que nos une e, xa que logo, fixar mínimos para o galego “prexudicaria as potencialidades da industria audiovisual española”.

O roubo da luz

Precisamos dunha reforma global que remate coa pobreza enerxética e permita que Galicia poida desfrutar dunha electricidade máis barata para as nosas familias e empresas.

O reto do BNG

Unha vantaxe que compre afortalar, ii) neses milleiros de persoas sen historia de compromiso político, mais si de compromiso e coñecemento nos eidos da cultura, deporte, empresa e no traballo social, que partillan a idea dunha Galicia xusta e moderna como referente da súa vida e iii) nos centos que traballaron en tempos no galeguismo político, con experiencias moi valiosas na gobernanza autonómica e no traballo de goberno e oposición de moitos concellos.O reto son as eleccións nacionais galegas de 2024, mais esa fase final ten unha previa fulcral, as municipais de 2023, onde o BNG habería consolidar os seus gobernos de vilas e cidades, mais tamén avanzar, nomeadamente no ámbito máis urbano, onde ten todo a gañar fronte ao previsíbel recuamento das marés dos Comúns e, quizais, dos gobernos socialistas, de xeito que, probábelmente, este avance electoral do BNG na Galicia urbana produza novos alcaldes e alcaldesas soberanistas que, paradoxalmente, serían os que mantiver os gobernos progresistas en varias cidades galegas fronte á enxurrada da dereita española.

Conciliarmos liberdade e saúde

Que había restrición ou limitación de dereitos fundamentais era evidente e só a Xunta non o viu.Mais complexa era a decisión de admitir ou non estas restricións dos dereitos fundamentais (nomeadamente o principio de non discriminación e o dereito á intimidade persoal), por ser ou non esas medidas de saúde pública precisas, proporcionadas e acaídas á súa finalidade.

Medallas olímpicas galegas

galicia acadou nas Olimpiadas de Tokio catro medallas en probas non colectivas (dúas pratas-unha delas con dous agasallados- e dous bronces).

A derrota xudicial de ENCE

Velaí que a interpretación das actividades e instalacións inviábeis fóra do dominio público marítimo-terrestre pertenza á AN, neste caso, sendo o concepto a aplicar claramente restritivo, á vista tanto dos seus termos literais, como da xurisprudencia interpretativa do propio TS. Calquera recurso que presente ENCE sobardaría a estreita marxe do recurso de casación, que non pode corrixir as conclusións da AN sobre a proba practicada e os feitos probados.

Igualdade, mérito e capacidade

Velaí que para poder acceder ao emprego público (quer como persoal laboral, quer como funcionario, quer como sanitario estatutario) se requira de procesos selectivos que garantan a publicidade e o acceso das persoas candidatas en condición de igualdade, só atendendo aos requisitos de mérito e capacidade do xeito que se regule pola normativa da convocatoria.

A nosa vocación atlántica

Mentres, o país exerce unha gobernanza que abre Portugal aos investimentos empresariais e mellora as prestacións sociais e a calidade da democracia portuguesa.

Enerxía pública e galega

Enerxía pública e galega, porque o modelo actual é exemplo de depredación oligopólica e explotación colonial.

PSOE e Podemos contra o autogoberno galego

Porque someter a unha dupla imposición este suposto incremento patrimonial, ademáis de atentar contra este principios esencial do IRPF vulnera o artigo 31 da Constitución, en canto trata diferente a quen adquire por negocio xurídico sucesorio entre vivos e a quen adquire por causa de morte, contra o que dispón o Dereito Civil galego, que é quen determina os feitos impoñíbeis para os efectos fiscais.Até hai poucos anos a Axencia Tributaria obrigaba tributar por incremento patrimonial no IRPF ás persoas que transmitían os seus bens ás descendentes ou cónxuxes a medio de pactos sucesorios, aplicando a norma das doazóns e descoñecendo a plena aplicabilidade do Dereito galego, que recoñece a posibilidade de transmitir bens en vida (descoñecida no Dereito Civil estatal) e suxeita esta transmisión sob a norma fiscal da sucesión no canto da norma fiscal da doazón.

1 2 3 4 5