“A ausencia de Sabariz suporá un alivio para o pobo en xeral”

“A ausencia de Sabariz suporá un alivio para o pobo en xeral”
Diario de Arousa-2015-05-16-021-5927cbf7

O próximo día 24, Cecilia Tarela afrontará a súa primeira loita pola Alcaldía, pero esta cesureña de 38 anos, non é nova nisto da política local. Sustitúe ao seu compañeiro de partido e alcalde dos últimos anos, Manuel Luis Álvarez Angueira, e a avalan a súa experiencia como actual terceira tenente de alcalde e responsable das áreas de Muller, Xuventude e Medio Ambiente, sen esquecer que a estes catro anos como edil hai que sumarlles outro tanto na oposición, ademais de toda unha vida vinculada ao asociacionismo cesureño. De feito, foron os seus compañeiros quenes decidiron que era a persoa máis idónea para liderar o Bloque neta nova cita electoral na que esperan gañar para seguir gobernando a vila e, novamente, están abertos aos pactos, aínda que non a calquera prezo. “Sempre que sexan razoables”, declara.

Preséntase por primeira vez a Alcaldía. Que lle animou a dar o paso?
Animoume o traballo realizado durante estes catro anos.  Tamén a experiencia que vas collendo durante unha lexislatura na oposición e outra no goberno.  E os meus compañeiros de partido que foron os que me colocaron na parrilla de saída.

De acadar o goberno, que faría no  primeiro día de mandato?
Seguir traballando como todos os días polos veciños de Pontecesures.

Se tivera que destacar só unha das propostas do seu programa, cál sería?
O benestar dos meus veciños , xa que nestes tempos que corren e o que toca. Que ninguén pase necesidades que moitas veces lles viñeron impostas por esta crise da que eles mesmos non teñen culpa.

Unha pregunta obrigada é saber se o Bloque estaría disposto a volver pactar para gobernar.
Si, sempre estivo e está disposto a pactar. Sempre, claro está, que os pactos sexan razoables.

Cree que a absolución de Angueira verase recompensada en máis apoios da poboación nas urnas?
Penso que si, aínda que tamén teño que dicir que presentouse estando xa imputado e iso non restou que a xente  confiara nel para darlle o seu voto.

O concelleiro de ACP Luis Ángel Sabariz xa non volverá a estar na Corporación municipal. Que suporá esa ausencia tendo en conta as tensións existentes entre Goberno local e esta agrupación?
Tranquilidade en xeral. Eu penso que para nós, xa que é unha persoa díficil de traballar con el. E penso que para o pobo en xeral. Un alivio.

“A ausencia de Sabariz suporá un alivio para o pobo en xeral”

Te puede interesar