Verbas en galego en lembranza de Díaz Castro

Verbas en galego en lembranza de Díaz Castro
Diario de Arousa-2014-05-17-005-05e8ce49

O Día das Letras Galegas tivo onte a súa máxima expresión nos centros educativos de Vilagarcía. O folclore da terra, teatro e exposicións foron algunhas das actividades realizadas para lembrar ao homenaxeado nesta ocasión: Xosé María Díaz Castro.
Algúns exemplos das actividades nos colexios son as realizadas na Escola Infantil Municipal, no colexio das Filipenses, no instituto Bouza Brey e no colexio de A Lomba.
Neste último escolleron a expresión teatral, cunha obra que gustou aos pequenos espectadores. No que respecta aos actos conmemorativos realizados no instituto Bouza Brey, neles colaborou o Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Durante toda a mañá os alumnos implicáronse na lembranza de Díaz Castro. Fixérono coa presentación dun vídeo, cunha exposición didáctica e cun videoclip musical cos que deron a coñecer a etapa que o poeta de Lugo pasou en Vilagarcía como profesor no colexio León XIII. 
Na Escola Infantil Municipal, a música foi a protagonista, así como dous alumnos que forman parte da Agrupación Malveiras de Carril, que participou nos actos do centro educativo. No colexio das Filipenses leron poemas nun evento amenizado pola Asociación Cultural Traspés de Vigo e O Souto de Rubiáns. n

Verbas en galego en lembranza de Díaz Castro

Te puede interesar