O teatro infantil regresa esta fin de semana a Vilagarcía cun conto clásico adaptado aos tempos que corren. “Os tres porquiños” recalan o domingo no Auditorio con música, en galego e cunha final alternativa e sorpresa. O espectáculo está pensado para nenos e nenas a partir de dous anos e represéntase con bonecos de tamaño real. Haberá cinco actores sobre o escenario e o equipo técnico. A obra ten unha duración de cincuenta minutos nos que, ademais de entrever e facer pasar un momento divertido a nenos e adultos, tamén ten finalidade educativa. De feito ademais de ser unha actividade que inclúe cancións didácticas (muiñeira incluída) tamén serve para que os nenos aprendan as cores ou saiban identificar aos animais por onomatopeias dos sons que emiten. Todos os temas son orixinais e están compostos exclusivamente para esta montaxe.
As entradas xa están á venta a ao prezo único de seis euros e pódense comprar de xeito anticipado no taquilleiro electrónico de www.servinova.es ou ben o mesmo día da función no Auditorio a partir das catro da tarde, como vén sendo habitual en actuacións semellantes.