Vilaxoán viviu onte un dos máis solidarios de cantos enterros da sardiña se celebraron nesta localidade. No é para menos, posto que despediron con bágoas a Don Carnal, pero tamén a actividade da conserveira Cuca neste lugar. Deste xeito, os promotores do Enterro da Sardiña quixeron facer un acto simbólico como mostra de apoio á loita e reclamacións das traballadoras, polo que o punto de partida da comitiva foi precisamente esta factoría.
Foi momento de lamentos, pero nesta época do ano tamén é tempo de esquecerse dos males e deixar disfrutar corpo e mente con festas con tradición como a que onte se viviu en Vilaxoán. Non faltou o loito e os gritos de quenes non soportaban a idea de que o Entroido chegou ao seu fin. Pero finalmente superaron o trance e a sardiña finou ata o vindeiro ano.
A pesares desta despedida oficial do Entroido, hoxe aínda haberá disfraces en Vilaxoán, cando menos de tallas pequenas. Os máis cativos disfrutarán dun gran baile que terá lugar a partir das cinco da tarde no centro sociocultural. Os nenos e nenas que se acheguen ata alí para disfrutar do evento poderán recibir un agasallo, porque esto é o que lles espera a quenes leven os considerados mellores disfraces da festa.