A ILLA-Malestar no colexio polo rexeitamento de Educación ao seu proxecto de ampliación

A ILLA-Malestar no colexio polo rexeitamento de Educación ao seu proxecto de ampliación
os representantes do consello escolar mostraron a proposta que lle fixeron a educación g. salgado

O Consello Escolar do CEIP Torre-Illa mostrou onte o seu rexeitamento aos plans da Consellería de Educación para ampliar o centro cunha nova aula e baño para Infantil porque son “insuficientes” para as súas necesidades de espazo, que xa veñen de lonxe e que auguran van empeorar porque a poboación da Illa non deixa de crecer. Onte compareceron representantes das partes que o conforman: pais, profesores, dirección e Concello para mostrar o seu malestar pola falta de atención ao proxecto presentado pola comunidade escolar en novembro, así como pola “ausencia” de consenso que, afirman, rodeou ao proceso.
Explicaron que o seu proxecto, elaborado polos técnicos municipais, plantexaba a súa histórica demanda de unir o edificio principal co chamado pavillón de quinto –coa que se lograrían dúas novas aulas– e permitiría a circulación cómoda e universal polo centro, porque todo o alumnado podería usar o ascensor –sobre todo pensando en rapaces que poidan ter problemas de movilidade–, e acudir ás aulas de música e inglés, por exemplo, sen ter que saír a rúa, sobre todo respecto aos días de chuvia. Tamén incluía a construción de tres novas clases e outro espazo polivalente, novos e adicados ás clases diarias de Infantil e as necesidades de alumnos con necesidades específicas, que, aseguran, precisan un aparte. De feito, aseguraron que xa hai nenos matriculados en estas circunstancias e actualmente teñen que empregar a ludoteca do Concello, que está no principal.
Non obstante, o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez, indicou na súa visita ao propio centro, o pasado mes de maio, que trátase de traballos “inasumibles” e que coa súa proposta “estarán cubertas as necesidades máis urxentes”. Estas obras comezarían no verán cun orzamento de entre 60.000 e 70.000 euros.
Pero o Consello Escolar non está de acordo en absoluto, para empezar porque cre que o proxecto “era para outro centro e a aula resultante vai ser máis pequena, non vai cumprir as medidas marcadas pola lei. Ademais de que para facela, comerá parte do patio dos pequenos que xa é pequeno”. E tampouco comparten a proposta dada pola Xunta de que reorganicen espazos.
Explicaron que para o ano próximo precisan de 15 unidades e non hai espazo físico nin para cambiar usos como o da biblioteca, onde hai 6.000 volúmenes; a aula de música, porque “o profesor non pode ir dun lado para outro co piano”; ou as de informática e inglés, donde hai 20 ordenadores e material didáctico para a segunda lingua que non pode trasladarse para cada clase, segundo as mesmas fontes. Neste senso tamén apelaron a que o colexio debe formar aos rapaces con todas as posibilidades e trátase de ofrecer as ferramentas e lugares precisos.
Do mesmo xeito, recordaron que incluso o Concello estaba disposto a participar nas obras plantexadas por “consenso” do Consello escolar, que suporía unha diferenza duns 120.000 euros con respecto ao da Xunta, aproximadamente.

A ILLA-Malestar no colexio polo rexeitamento de Educación ao seu proxecto de ampliación

Te puede interesar