A procesión de caveiras de Catoira resiste á choiva e ao desastre dos vándalos

A procesión de caveiras de Catoira resiste á choiva e ao desastre dos vándalos

A celebración do Samaín tivo en Catoira tintes de misterio. Alguén, supostamente uns vándalos, fixo unha desfeita que a piques estivo de botar a perder unha das tradicións máis queridas no municipio. A procesión das caveiras peligrou por unha gamberrada que tivo como escenario, de novo, o Pavillón Municipal de Deportes.

Alí estaban gardadas as cabazas que, con todo mimo, decoraron os alumnos, mestres e pais do CPI Progreso e a ANPA As Lombas, colectivos que colaboran na organización do evento xunto co Concello de Catoira.

O tétrico panorama co que amaneceu o pavillón causou indignación entre os promotores da procesión, que nun duro comunicado lamentaron profundamente “a carencia de escrúpulos das eprsoas que decidiron acabar de forma cruel co gran traballo e coa ilusión con que os cativos prepararon as súas cabazas”.

A festa, no interior

Máis non contaban os gamberros co férreo carácter vikingo. O episodio acontecido en pleno samaín incluiu misterio, decepción e enfado típico dunha boa serie de Netflix, pero o tesón e a fortaleza déronlle a volta ao guión, nun deses xiros tan buscados na pequena e na gran pantalla. Na mesma malán o CPI mercou 35 cabazas para sustituir ás danadas. A marchas forzadas traballaron intensamente para decoralas. E antes de que chegase a tarde xa estaba todo listo. As caveiras rexurdiron de entre os mortos, facendo máis que real un desfile que foi todo un éxito. E iso que tivo que superar unha nova afrenta, nesta ocasión enviada dende o ceo. A choiva complicou a celebración, pero os de Catoira non están para perderse unha festa. Así que o pavillón que foi o escenario da decepción matinal convertiuse pola tarde nun escenario completamente festivo. Non faltou o baile, iso si, terrorífico. E para recuperar folgos, que boa falta facía, chocolate e moitos doces nos que a cabaza tamén foi protagonista.

A procesión de caveiras de Catoira resiste á choiva e ao desastre dos vándalos

Te puede interesar